Author: Europe Direct Lugo


#TasteTheOcean, a campaña da UE pola protección e sostibilidade da vida marítima

A sostibilidade require a protección do noso planeta para as xeracións futuras, incluíndo a captura e o consumo respectuosos dos peixes e os mariscos. Presentámosche a nova campaña europea: Taste The Ocean.

A Unión Europea lanza Taste The Ocean, unha iniciativa liderada pola Dirección Xeral de Asuntos Marítimos e Pesca, cuxo obxectivo é alentar aos consumidores a mercar e saborear peixes e mariscos sostibles.

Neste contexto, a Unión Europea traballa centrada en conseguir catro obxectivos principais relacionados con asuntos marítimos e pesca:

  1. Protexer o medio ambiente marítimo mantendo a competitividade europea.

2.  Aplicar a nova política peixeira común.

3.  Utilizar o potencial dos mares de Europa para crear postos de traballo sostibles que preserven os recursos naturais.

4. Establecer regras para a xestión e gobernanza dos océanos do mundo xunto con socios globais.

A campaña #TasteTheOcean axúdanos con ese primeiro obxetivo: protexer  mares e océanos, sen influír na obtención dunha dieta equilibrada. 

O pescado e o marisco son produtos habituais nunha dieta saudable, e obtelos do mellor xeito posible pode marcar a diferencia. Se se seguen os pasos axeitados, esta produción provoca unha pegada ambiental e unha pegada de carbono moito menor que a maioría das proteínas animais de orixe terrestre.

Ca fin de dar visibilidade a esta campaña, a Unión Europea conta coa participación de nove recoñecidos chefs internacionais, ¡e Joan Roca é o chef español! Durante os tres próximos meses, compartiranse en redes sociais as recetas protagonizadas por diferentes peixes e crustáceos, así  como as complexidades e desafíos que presenta o sector.

En liña. REInA

REInA busca aportar recursos, atraer inversión, xerar proxectos e crear emprego no ámbito rural poñendo en contacto a relevantes actores do ecosistema da innovación e o emprendemento con todo tipo de plataformas de ámbito rural.

Read More

Programa Erasmus+: máis de 28 000 millóns de euros para apoiar a mobilidade e a aprendizaxe para todos, en toda a Unión Europea e fóra dela

A Comisión adoptou o primeiro programa de traballo anual de Erasmus+ 2021-2027. Cun orzamento de 26 200 millóns de euros (fronte aos 14 700 millóns para 2014-2020), complementado cun 2 200 de millóns de euros procedentes de instrumentos exteriores da UE, o programa novo e renovado financiará proxectos de mobilidade e cooperación transfronteiriza relacionados coa aprendizaxe para 10 millóns de europeos de todas as idades e todas as orixes. Tratará de ser aínda máis incluínte e de apoiar as transicións ecolóxica e dixital, tal como se establece no Espazo Europeo de Educación.

Erasmus+ tamén apoiará a resiliencia dos sistemas de educación e formación fronte á pandemia.

+info: https://bit.ly/3d9Wf6M

O centro Europe Direct Lugo abordará as claves do Pacto Verde Europeo nunha xornada online que terá lugar este venres

O evento contará coa participación de Juan González, analísta político; Roberto Bande, decano da Facultade de ADE; e J. María de Juan, fundador de EARTH

Green Deal, impulsado pola Comisión, ten como obxectivo acadar a neutralidade climática na UE no ano 2050, garantindo unha transición xusta e inclusiva.

A retransmisión da xornada poderá seguirse a través da canle de Facebook do centro. As persoas que se inscriban recibirán un diploma de asistencia.

Os interesados poden apuntarse en: www.desenvolvelugo.org/pactoverde

(máis…)

A Comisión Europea autoriza unha cuarta vacina segura e eficaz contra a COVID-19

A Comisión Europea concedeu hoxe unha autorización condicional de comercialización (ACC) para a vacina contra a COVID-19 de Janssen Pharmaceutica NV, unha das empresas farmacéuticas Janssen de Johnson & Johnson, o que a converte na cuarta vacina contra a COVID-19 autorizada na UE.

A vacina de Janssen administrarase nunha dose a adultos de +18 anos para previr a COVID-19.

Unha biotecnolóxica vallisoletana desenvolve un test que detecta o cancro de colon anos antes da súa aparición.

A principios do século XX únicamente se curaban o 5 % das persoas que sufrían cancro. Na actualidade, esta cifra elévase até o 60 % dos casos. E Amadix quere seguir mellorándoa.

A investigación científica está permitindo lograr grandes avances na loita contra o cancro. É o caso de Amadix, unha biotecnolóxica de Valladolid que, co apoio da Unión Europea, está consiguindo plantar cara ao cancro de colon.

Esta empresa desenvolveu ColoFast, unha innovación que podería alongar a vida de millóns de pacientes mediante un sinxela análise de sangue. Nel identifícanse os sinais preliminares que emite o tumor ofrecendo a oportunidade de frear a enfermidade coa suficiente antelación e, deste xeito, previr o cancro de colón até 15 anos antes da súa aparición.

Nun contexto como o actual no que nos enfrontamos a unha pandemia, ColoFast implica un gran avance xa que se trata dunha sinxela proba realizable, incluso, desde a casa. Ademais, Amadix, adianta a esperanza da súa dispoñibilidade ao longo deste mesmo ano.

MÁIS INFO