Notices


Proxecto: Inicia Coworking Lugo

Espazo coworking froito da colaboración entre EOI y o Concello de Lugo, que conta coa cofinanciación do Fondo Social Europeo, o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e o Concello de Lugo.

Desenvolverase en diferentes tipos de actividades:

Talleres:Asistencia de acceso libre (obligatoria para os participantes do coworking). Axúdase aos emprendedores a validar o modelo de negocio con metodoloxías áxiles, así como a desenvolver as habilidades imprescindibles para poñelo en marcha:

  • “Lean Start Up: Evaluación e validación do teu plan de negocio”; “Crowfunding”, “Estratexias de comunicación en redes sociais”, “Creatividade e innovación“, “Como poñer en marcha un Plan de marketing digital”, etc.

Sesións de formación grupal: Dirixidas exclusivamente aos participantes do coworking e por tanto de asistencia obligatoria para os mismos. Nelas traballaranse materias específicas para o impulso e despegue dos proxectos do espazo coworking.

  • “Finanzas para emprendedores non financieiros”; “Habilidades de Comunicación”, “Xestión do Talento nun proxecto emprendedor: deseña o teu equipo”, etc.
Mentorización

Acceso por parte dos participantes do coworking a sesións de mentorización por parte de expertos centradas en acompañar aos emprendedores desde o deseño de modelo de negocio á súa posta en marcha e optimización do proxecto, dando resposta ás necesidades que xordan no camino.

Eventos

Celebraranse diferentes actividades encamiñadas a potenciar o networking e compartir best practices, contando coa experiencia doutros emprendores/expertos e empresarios. Asistencia de acceso libre. Como peche á edición celebrarase a Demo Day durante o cal se presentarán os proxectos participantes no espazo coworking, a súa evolución e as posibilidades de colaboración cos mesmos.

Proxecto: LUGO+BIODINÁMICO.

  • Presuposto: 3.588.552 euros 
  • Financiamento;
    1. Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente 1.793.130 euros.
    2. Universidade de Santiago: 1.667.280 euros.
    3. Universidade Politécnica de Madrid: 152.384 euros.
    4. Deputación de Lugo: 526.220 euros.
    5. Concello de Lugo: 541.340 euros
  • Convocatoria: Programa Life.
  • Prazo de execución: 2016-2018.

Obxectivo: Posta en práctica dunha estratexia innovadora de planificación urbana destinada a actuacións en barrios ou áreas residenciais para conseguir tecidos urbanos adaptados ás consecuencias e efectos do cambio climático.

Planificación dun barrio multiecolóxico como modelo de resilencia urbana.

Proxecto: LUGO SMART, impulsando Lugo como cidade intelixente e sostible.

  • Presuposto: 4.112.801 euros 
  • Financiamento; 2.467.000,68 Fondos FEDER a través da entidade pública empresarial Red.es; 1.645.120,40 Concello de Lugo.
  • Prazo de execución: 2016-2018.

Programa: Axenda dixital para españa

Obxectivo: Integrar a cidadanía nos procesos administrativos do Concello para mellorar a eficiencia para prestar os servizos públicos locais a través de cambios nos modelos de xestión apoiados nas TIC.

Accións:

  1. Plataforma de e-Administración para a mellora dos procesos internos.
  2. Plataforma de xestión intelixente de infraestructuras locais baseándose en formato GIS.
  3. Tarxeta cidadá plus.
  4. Mobilidade: xestión intelixente do aparcadoiro para 200 prazas mediante sensores sen fíos no asfalto.
  5. Xestión intelixente de recollida de residuos sólidos mediante sensores de almacenamento.
  6. Xestión de eficiencia enerxética en edificios públicos.
  7. Xestión de iluminación pública no contorno urbano e rural.
  8. Xestión de contadores de auga que permite a lectura e supervisión a través de GPRS ou 3G.
  9. Open data project. Implantación e posta en marcha dunha plataforma de goberno aberto.
  10. Plataforma Smart.

Proxecto: MURAMIÑAE da Muralla ao Miño

  • Presuposto: 12.500.000 euros 
  • Financiamento; 10.000.000 Fondos FEDER; 2.500.000 Concello de Lugo.
  • Prazo de execución: 2016-2020.
  • Convocatoria: Fondos europeos de desenvolvemento urbano sostible integrado (DUSI).

Constitúe unha estratexia que ten como obxectivo unir a cidade e o río a través da zona do Carme, eliminando a descontinuidade urbana que existe entre Porta Miñá e o río Miño, aproveitando que pola zona discorre o Camiño de Santiago, e integrar o contorno fluvial na cidade a través de 7 liñas estratéxicas:

  1. Revitalización da zona do Carme.
  2. Posta en valor do patrimonio.
    • Acondicionamento do Camiño de Santiago.
    • Estudo arqueolóxico da zona.
  3. Novas conexións a pé, en bicicleta e accesos rodados para favorecer a mobilidade.
  4. Impulso do contorno fluvial con novas actividades e dotacións.
  5. Estimular a creación de emprego, inserción laboral e apoio ao emprendemento.
  6. Potenciar o uso das novas tecnoloxías.
  7. Medidas de aforro enerxético e medioambiental