#TasteTheOcean, a campaña da UE pola protección e sostibilidade da vida marítima

A sostibilidade require a protección do noso planeta para as xeracións futuras, incluíndo a captura e o consumo respectuosos dos peixes e os mariscos. Presentámosche a nova campaña europea: Taste The Ocean.

A Unión Europea lanza Taste The Ocean, unha iniciativa liderada pola Dirección Xeral de Asuntos Marítimos e Pesca, cuxo obxectivo é alentar aos consumidores a mercar e saborear peixes e mariscos sostibles.

Neste contexto, a Unión Europea traballa centrada en conseguir catro obxectivos principais relacionados con asuntos marítimos e pesca:

  1. Protexer o medio ambiente marítimo mantendo a competitividade europea.

2.  Aplicar a nova política peixeira común.

3.  Utilizar o potencial dos mares de Europa para crear postos de traballo sostibles que preserven os recursos naturais.

4. Establecer regras para a xestión e gobernanza dos océanos do mundo xunto con socios globais.

A campaña #TasteTheOcean axúdanos con ese primeiro obxetivo: protexer  mares e océanos, sen influír na obtención dunha dieta equilibrada. 

O pescado e o marisco son produtos habituais nunha dieta saudable, e obtelos do mellor xeito posible pode marcar a diferencia. Se se seguen os pasos axeitados, esta produción provoca unha pegada ambiental e unha pegada de carbono moito menor que a maioría das proteínas animais de orixe terrestre.

Ca fin de dar visibilidade a esta campaña, a Unión Europea conta coa participación de nove recoñecidos chefs internacionais, ¡e Joan Roca é o chef español! Durante os tres próximos meses, compartiranse en redes sociais as recetas protagonizadas por diferentes peixes e crustáceos, así  como as complexidades e desafíos que presenta o sector.