Europa camiña cara a igualdade cunha nova estratexia

A muller sigue sendo vítima da violencia, a fenda salarial e a dificultade de acceso aos altos cargos. Coñece os detalles da nova estratexia da Comisión Europea para acadar a igualdade.

En Europa, unha de cada tres mulleres sufriu violencia física ou sexual. Ademais, gañan un 16 % menos que os homes e só un 8% chega á dirección executiva das maiores empresas. Estos datos fan que conseguir a igualdade sexa unha prioridade. Para facer fronte ao problema, presentouse o pasado 5 de marzo a Estratexia Europea para a Igualdade de Xénero 2020-2025

Combater a violencia e o acoso

Para garantir a seguridade das mulleres debe haber una lei detrás que sinale e castigue, unha lei máis amplia onde entre calquera ataque ou discriminación. Ademais, actualmente, a dimensión dixital non pode quedar á sombra. Una lei específica para as actividades ilegais en liña velará pola ciberseguridade.

Reducir a fenda salarial

A igualdade de xénero é imprescindible para que a economía europea sexa competitiva. Por iso, a Comisión quere consultar abertamente pola transparencia salarial. Por outra parte, nalgúns casos, ser nai supón un problema laboral para moitas mulleres. O cal non debería ser así. Deste xeito, a Comisión fará un maior esforzo para mellorar esta situación.

Ursula von der Leyen: “Só poderemos aproveitar todo o noso potencial se utilizamos todos os nosos talentos e a nosa diversidade” 

Acceso a altos cargos

A paridade nos altos cargos supón un grande cambio. A Comisión promoverá a participación das mulleres na política, sobre todo, mediante financiación e intercambio de mellores prácticas.

Para predicar co exemplo, a Comisión esforzarase por alcanzar un equilibrio de xénero do 50 % en todos os niveles da súa xestión a finais de 2024. Ademais, o Grupo de Traballo sobre a Igualdade, dirixido por Helena Dalli, incluirá a perspectiva de xénero en todas as políticas e iniciativas importantes da Unión Europea.

Aínda que persisten as fendas de xénero no emprego, os salarios, a asistencia e as pensións. Tanto que ningún estado membro acadou a igualdade entre homes e mulleres. O camiño é lento, pero cara adiante. Esta estratexia é un paso máis.