O censo para as eleccións europeas estará a exposición pública dende o vindeiro luns ata o 15 de abril

O Concello de Lugo informa de que durante o período comprendido entre o vindeiro luns, día 8, e o 15 de abril, ambos os dous inclusive, permanecerá exposto ao público o censo electoral pechado ao día 31 de xaneiro deste ano co obxecto de que todos os veciños e veciñas empadroados poidan comprobar a súa correcta inscrición nas listas de votación e, no seu caso, facer as reclamacións oportunas, ante a convocatoria das eleccións municipais e europeas para o vindeiro 26 de maio.

A consulta informática das listaxes electorais, que se deberá realizar persoalmente, é un trámite necesario e convinte para toda a cidadanía co fin de garantir o exercizo do dereito ao voto.

O censo estará exposto no Edificio Administrativo do Concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, os días laborais, e de 10.00 a 14.00 horas, o sábado 13 e o domingo 14