Seis avances no sector dixital da UE en 2018
Descubre todo o que fixo o Parlamento en 2018 para mellorar a sua experiencia en línea.
Fin do bloqueo xeográfico:
O 3 de decembro fíxose efectiva a normativa dirixida a por fin ós obstáculos para certos artigos, de xeito que os e as consumidoras/es podan comprar bens e servizos nos mesmos términos desde calquer punto da UE. Os e as eurodiputadas/os aprobaron esta regulación o 6 de febreiro de 2018.
A nova normativa cubrirá as compras de productos tanxibles como móbeis e dispositivos electrónicos, servizos en línea como aloxamento de páxinas web ou almacenamento de contido, e tamén a compra de entradas a concertos, espectáculos e outro tipo de actividades de ocio.
Melloras nas entregas de paquetes na UE:
O pleno do Parlamento Europeo respaldou en marzo o informe parlamentario sore unha normativa que busca facer máis transparente e competitivo o mercado transfronteirizo da entrega de paquetes na UE. O obxetivo é reducir as barreiras ó comercio electrónico e favorecer a consumidores e minoristas electrónicos. A nova regulación entrou en vigor en maio de 2018.
Contido en línea desde calquera lugar da UE:
O 53% dos e das europeas ven películas e series en línea máis dunha vez á semana. Desde abril de 2018 poden facelo tamén se están noutro país da UE. As reglas sobre a denominada “portabilidade”, aplicables en todos os Estados membros, permiten ós e ás consumidoras/os levar todos os servicios audiovisuais en línea polo que pagan dentro do territorio comunitario.
Conexión inalámbrica gratuita en espazos públicos:
A iniciativa WIFI4EU ten como obxetivo, daquí a 2020, que 6000 comunidades en toda a UE teñan conexión inalámbrica de alta velocidade gratis. Bibliotecas, hospitais, parques ou estacións de tren son as beneficiarias directas. Ata hoxe, rexistráronse 21.700 municipios.
A concesión das subvencións anunciáronse en decembro e a instalación da infraestructura necesaria para a conexión levarase a cabo en 2019.
Chamadas máis baratas e conexión 5G:
As chamadas a outros países da Unión limitaranse a 19 céntimos por minuto e o coste das mensaxes de texto será de máximo 6 cts a partir do 15 de maio de 2019, de acordo ás novas normas que o parlamento aprobou o pasado 14 de novembro.
Protección de datos:
As novas normas sobre protección de datos da UE, que comenzaron a ter efecto o 25 de maio, garantizan a confidencialidade en internet. O obxectivo do novo reglamento é dar máis control ós seus cidadáns sobre os seus datos privados e inclúen o dereito a recibir información sobre cómo éstos se van usar, así como a borrar o contido que non queren que siga sendo visible.