News


A Comisión propón un novo Regulamento para que na UE os viaxeiros poidan seguir beneficiándose da itinerancia gratuita

A Comisión propuxo un novo Regulamento sobre a itinerancia para que os cidadáns poidan seguir usando dispositivos móbiles sen recargo algúns ao moverse pola UE. Nun momento no que se desaconsella viaxar a non ser que sexa indispensable, trátase dunha medida importante que anticipa un futuro máis esperanzador. O texto prorroga as normas actuais dez años máis aló do seu vencemento en 2022. Tamén posibilitará a mellora dos servizos de itinerancia para os viaxeiros. Os consumidores terán dereito a contar coa mesma calidade e velocidade de conexión á rede de telefonía móbil no estranxeiro que no seu lugar de orixe, sempre e cando se dispoña de redes equivalentes. As nuevas normas tamén procurarán un acceso efectivo aos servizos de emerxencia, darán a coñecer as alternativas existentes para as persoas con discapacidades, e concienciará aos consumidores do posible sobrecoste dos servizos de valor engadido.

A vicepresidenta executiva para Unha Europa Adaptada á Era Dixital, Margrethe Vestager, declarou: «Aló onde nos atopemos en Europa, podemos saber ao instante dos nosos familiares e amigos, resolver trámites profesionais e compartir o nosos día a día sen medo a recibir una abultada factura. A fin dos recargos por itinerancia mostra ás claras como a UE está aquí para manter conectados a millóns de cidadáns e mellorar as súas vidas. Grazas ás novas normas, a itinerancia seguirá sen recargos e incluso mellorará».

Thierry Breton, comisario de Mercado Interior, anunciou: «Millóns de europeos disfrutaron das vantaxes da itinerancia en toda a UE sen recargos. Non só estamos ante un éxito: a día de hoxe, trátase dunha pedra angular do mercado único. Na Década Dixital de Europa todo o mundo deberá contar cunha conectividade excelente, independientemente do lugar da xeografía europeana que se atope, igual que se estivese na casa. Hoxe reafirmamos o noso compromiso cos cidadáns, Á vez que damos apoio ás inversións nunhas infraestruturas satisfactorias». 

«Itinerancia como na casa»

Segundo unha recente enquisa do Eurobarómetro, a metade dos europeos que teñen teléfono móbil viaxou a outro país da UE durante os dous últimos años. Grazas ao Regulamento sobre a itinerancia actualmente en vigor, os operadores da UE deixaron de aplicar recargos pola itinerancia o 15 de xuño de 2017 e, desde entón, case 170 millóns de cidadáns gozan deste servizo gratis e das vantaxes de seguir conectados mentres se desprazan polo mercado único. O uso da itinerancia de datos durante o verán de 2017 multiplicouse por 17 con respecto ao de 2016, periodo estival anterior ao da supresión dos recargos por itinerancia. Ese repentino e monumental incremento do tráfico en itinerancia demostra a existencia dun consumo potencial que os viaxeiros na UE dos 27, así como en Islandia, Liechtenstein e Noruega, non aproveitaran ata a data. As normas actualmente en vigor rematan o 30 de xuño de 2022. A data de hoxe, non se dan no mercado de telecomunicacións móbiles as condiciones más propicias para que a «itinerancia como na casa» en beneficio de todas as empresas e clientes que se desplazan pola UE sexa sostenible. Aí radica a importancia de ampliar a normativa.

A mesma calidad de servizo, na casa e no estranxeiro

Segundo os últimos datos do Eurobarómetro, o 33 % dos que se desprazaron ao estranxeiro no seno da UE declarou ter experimentado unha menor velocidade de internet que no seu país de orixe. Un 28% indicou que o estándar de rede ao que se conectaban era inferior que o orixinario (3G en vez de 4G, por exemplo). As nuevas normas presentadas hoxe teñen por obxectivo garantir que os cidadáns e as empresas gocen da mesma calidade de servizo dentro e fóra do seu país. É dicir: se contrataron unha velocidade 4G ou 5G (caso este último cada vez máis habitual) en itinerancia a velocidad de conexión non debería ser inferior, sempre e cando estas redes estén dispoñibles. No que aos servizos de 5G respecta, os consumidores terán que saber que aplicacións e servizos están ao seu alcance en itinerancia. É máis, os operadores do país que se está visitando deberán facilitar o acceso a todas as tecnoloxías e tipos de rede conforme a unha solicitude de acceso á itinerancia ao por maior razonable.

Acceso efectivo aos servizos de emerxencia no estranxeiro

O Regulamento propón que quen esté en itinerancia poida contactar cos servizos de emerxencia e beneficiarse da función de localización do chamante gratis e sen trabas, non só por teléfono, senón tamén por SMS ou por aplicacións de emerxencia. Ademais, deberán recibir instrucións para contactar coos servizos de emerxencia, incluídos os ideados para as personas con discapacidades, no país da UE que estén visitando.

O gasto e as facturas, baixo control

Facer chamadas para acceder a servizos de valor engadido como os de asistencia técnica, atención ao cliente dunha liña aérea ou dunha aseguradora, ou incluso a números gratuítos, que desde o estranxeiro ás veces leva recargos inesperados, non debera de supoñer un quebradeiro de cabeza. Por iso as novas normas obrigan aos operadores a informar adecuadamente aos consumidores do posible sobrecoste destes servizos de valor engadido.

Sostibilidade da itinerancia para os operadores

As nuevas normas garantirán que os operadores poidan asumir tanto a itinerancia sen recargos como a mellora do servizo para os clientes. Para iso, prevén que sigan baixando os prezos da itinerancia ao por maior (o que os operadores se cobran mutuamente por usar as súas redes cando os seus clientes viaxan ao estranxeiro). Os prezos máximos entre operadores fíxanse de xeito tal que estes últimos poidan recuperar o coste dos servizos de itinerancia. Ao mesmo tiempo, mantéñense os incentivos á inversión nas redes e evítase a distorsión da competencia nos mercados dos países visitados.

Contexto

Recentemente, a Comisión revisou o Regulamento que eliminou os recargos por itinerancia durante un periodo inicial de cinco anos a partir de xuño de 2017. A revisión constatou que as pautas de «utilización razonable» (medidas que os operadores poden adoptar para evitar que se abuse da itinerancia, co correspondente entramado de excepcións contempladas na normativa) lograron evitar repercusións negativas para os mercados, os operadores e os consumidores nacionais. A revisión tamén concluiu que é necesario que sigan existiendo medidas que regulen os prezos entre operadores, de modo que estes poidan seguir asumindo a itinerancia. Ademais, confirmou que a demanda de servizos móbiles nos desprazamentos na Unión Europea e o Espazo Económico Europeo medrou rapidamente desde que se eliminaron os recargos por itinerancia. No contexto desta revisión, de xuño a setembro de 2020 a Comisión también levou a cabo unha consulta pública. A fin non era senón recabar opinións sobre os servizos de itinerancia minoristas e ao por maior, e sobre as consecuencias de prorrogar a normativa vixente

Máis información

Novo Regulamento sobre a itinerancia

Proposta de novo Regulamento sobre a itinerancia

Información sobre a itinerancia na UE

Folleto sobre a itinerancia

Preguntas e respuestas |Itinerancia

Informes e estudos sobre a itinerancia

Enquisa material didáctico da UE

A Comisión Europea participa activamente na comunicación con nenas/os e adolescentes sobre o que é a Unión Europea (UE) e o que fai. Porén, sempre é posible mellorar e esta é a razón pola que se desenvolveu a ENQUISA, como parte dun estudo xeral no que se examina a xuventude de entre 5 e 18 anos, as súas expectativas e as canles preferidas para materiais e actividades sobre a UE. 

(máis…)

O Concello lanza o boletín ‘Lugo Cidade Viva’ para informar, sensibilizar e concienciar a poboación sobre o cambio climático

A newsletter sumarase ás campañas educativas que está xa a realizar o executivo de Lara Méndez a través do LIFE Lugo+Biodinámico nos centros escolares.

O novo boletín electrónico, de periodicidade quincenal, recollerá novas sobre as accións que se desenvolven no municipio pero tamén noutras cidades do mundo.

As primeiras 450 persoas que se subscriban e así o soliciten recibirán como agasallo un castiñeiro do novo bosque urbano LIFE creado nas Gándaras.

(máis…)

2021: o ano do Ferrocarril

A día de hoxe, é un dos transportes máis rápidos e que menos contamina no mundo.

Pero só o 7% de pasaxeiros e o 11% das mercadorías viacan en tren en toda Europa debido tamén á alta competencia doutras vías de transporte como o avión ou o barco.

Por iso a Comisión Europea creará un Espazo Ferroviario Único Europeo en 2021 que será unha rede ferroviaria europea máis eficiente permitindo unha mobilidade fluída a través das fronteiras.

Entérate de más aquí: https://bit.ly/3tDiFVsh

El Parlamento quiere garantizar el derecho a desconectar del trabajo

Os eurodiputados piden protexer o derecho fundamental dos traballadores/as á desconexión y non ser contactados fóra do seu horario laboral.

As ferramentas dixitais aumentaron a eficiencia e a flexibilidade para empregadores e empregados, pero á súa vez crearon unha cultura de “dispoñibilidade constante”, na que os traballadores están accesibles fácilmente en calquera momento e lugar, incluso fóra do horario laboral. A tecnoloxía fixo posible o teletraballo e a Covid-19, xunto aos confinamentos domiciliarios, xeralizárono.

37% dos traballadores da UE empezaron a traballar dende a casa durante o confinamento 

O teletraballo difumina a liña entre a vida privada e a profesional

Aínda que o teletrabajo salvou postos de traballo e permitiu que moitas empresas sobrevivisen á crise do coronavirus, tamén borrou a liña que distingue entre o privado e o profesional. Isto significou que moitas persoas traballen fóra do seu horario laboral habitual, prexudicando ao equilibrio entre a vida persoal e a laboral.

27% das persoas que traballan desde a casa traballaron durante o seu tempo libre 

As persoas que traballan a distancia con regularidade teñen máis do doble de probabilidades de traballar máis das horas de traballo máximas establecidas na Directiva que as que non o fan.

A conexión ao trabajo sen descanso pode provocar problemas de saúde

O descanso é fundamental para o benestar. A conexión continua ao traballo ten consecuencias para a saúde. Sentarse demasiado tempo fronte á pantalla e trabajar demasiado reduce a concentración, provoca sobrecarga cognitiva e emocional e pode provocar dores de cabeza, cansancio ocular, fatiga, falta de sono, ansiedade ou esgotamento. Ademais, unha postura estática e os movementos repetitivos poden causar distensión muscular e trastornos musculoesqueléticos, especialmente en entornos de traballo que non cumplen cos estándares ergonómicos.

O Parlamento pide unha nova lei para a UE

O dereito á desconexión non está definido actualmente na lexislación da UE. O Parlamento quere dar o paso. O 21 de xaneiro de 2021, os eurodiputados pediron á Comisión que elaborara unha lei que permitise aos empregados desconectarse do traballo fóra do seu horario laboral, sen consecuencias, e que establecera estándares mínimos para o traballo a distancia.

O Parlamento sinalou que os contactos fóra das horas de traballo, e a ampliación das xornadas, poden aumentar o risco de que produzan horas extraordinarias non remuneradas, así como de ter un impacto negativo na saúde. Por iso, o PE pediu as seguintes medidas:

  • Os empregadores non deberían exigir que os traballadores estén dispoñibles fóra do horario e os compañeiros de traballo deberían absterse de poñer en contacto entre eles por motivos laborais.
  • Os países da UE deberían garantir que os traballadores que esixen o seu dereito á desconexión estén protexidos de repercusións negativas e que existan mecanismos para tramitar as queixas ou infracións sobre o mesmo.
  • As actividades de formación profesional a distancia deben contarse como actividade laboral e non deben ter lugar durante horas extraordinarias ou días libres sen unha compensación axeitada.

A maioría dos países da UE regulan o teletrabajo, pero só cuatro (Bélxica, Francia, Italia e España) recoñecen o dereito á desconexión. Francia foi a primeira en 2016.

‘No more Matildas’, campaña para por fin á invisibilidade das mulleres na ciencia

Sabías que o 11 de febreiro é o día das mulleres na ciencia? Axúdanos na difusión da campaña de comunicación #nomoreMatildas.

A iniciativa, organizada pola Asociación de Mujeres Científicas AMIT e apoiada pola Oficina do Parlamento Europeo, recibe o seu nombre en honor de Matilda Yoslin Gage, a primeira activista en denunciar a ‘invisibilidade’ das mulleres científicas do seu tempo.

Entre outras cousas, a campaña confirma que as mulleres só figuran no 7,6% dos materiais educativos e que só o 28,5% dos estudantes en carreiras de ciencias son rapazas.

Europe Learning Corner

Buscas material educativo sobre a Unión Europea?

Entra na web Europe Learning Corner

Materiais por grupos de idade, Materiais por temas populares (cultura, medio ambiente, agricultura, países da UE…), Test, Xogos, Liña cronolóxica da UE, Intercambios entre profesorado, Intercambios e becas, Noticias e concursos…

A educación é un dos pilares das redes #EuropeDirect

Prácticas na Comisión Europea

Prestaríache vivir unha experiencia única e enriquecedora nas institucións europeas? 🇪🇺
¡Está aberto o prazo de envío de solicitudes para as prácticas #BlueBook na European Commission a partir de outubro! Tes ata o 29/01/2021
Máis info aquí→ http://ec.europa.eu/stages/