Accións adoptadas pola Comisión Europea en relación ao COVID19
Desde que se alertou do avance de COVID-19 no continente, a Unión Europea traballou para combatelo. Para este fin, seguíronse tomando medidas para garantir a mellor solución posible

Desde que se alertou do avance de COVID-19 no continente, a Unión Europea traballou para combatelo. Para este fin, seguíronse tomando medidas para garantir a mellor solución posible
A Comisión Europea busca startups e pequenas empresas con tecnoloxías e innovacións en tratamento sanitario, probas, monitorización e demais aspectos relacionados co #COVID19 💊 para ofrecer FINANCIACIÓN da UE
Data límite 18/03 ás 17h ↓
https://bit.ly/38RLl1b
A muller sigue sendo vítima da violencia, a fenda salarial e a dificultade de acceso aos altos cargos. Coñece os detalles da nova estratexia da Comisión Europea para acadar a igualdade.
Axudantes de condución accesibles para todos? A startup galega Xesol, en mans da Unión Europea, traballa para facelo posible e evitar accidentes de tráfico
🍎🥑🍅🍍 Abertas convocatorias para os #EUHealthAward 2020! Este ano recoñécese:
• ONG e escolas que promoven a vacunación en nenas e nenos (0-18 anos)
• Cidades e escolas que promoven estilos de vida saudables para nenas e nenos (de 6 a 18 anos)
Visita a nova web da Comisión Europea adicada ao #COVID19:https://bit.ly/2TONEwP
Para o Día Internacional da Muller deste ano, o Parlamento Europeo celebra o 25 aniversario da Declaración de Beijing sobre a igualdade de xénero.
A Comisión Europea organiza un seminario dun día e medio para xornalistas en Bruxelas os días 5 e 6 de marzo. Como parte do seminario, os xornalistas asistirán á Conferencia de alto nivel “Iniciativa Cidadá Europea 2.0: Deseño, compromiso, impacto”. As viazes, o aloxamiento e algunhas comidas serán cubertos pola Comisión Europea.
A tecnoloxía dixital está cambiando a vida das persoas. A estratexia dixital da UE aspira a lograr que esta transformación funcione para as persoas e as empresas, ao tempo que contribúe a alcanzar o seu obxectivo dunha Europa climaticamente neutra de aquí a 2050.
O Parlamento Europeo abriu o prazo para solicitar o Premio Cidadán Europeo 2020, que distingue proxectos excepcionais, nacionais, transfronteirizos ou paneuropeos, que promovan a integración e a cooperación, así como os valores consagrados na Carta dos dereitos fundamentais da Unión. Europea: dignidade, igualdade, solidariedade, xustiza, dereitos e liberdades cidadás.