O censo para as eleccións europeas estará a exposición pública dende o vindeiro luns ata o 15 de abril
O Concello de Lugo informa de que durante o período comprendido entre o vindeiro luns, día 8, e o 15 de abril, ambos os dous inclusive, permanecerá exposto ao público o censo electoral pechado ao día 31 de xaneiro deste ano co obxecto de que todos os veciños e veciñas empadroados poidan comprobar a súa correcta inscrición nas listas de votación e, no seu caso, facer as reclamacións oportunas, ante a convocatoria das eleccións municipais e europeas para o vindeiro 26 de maio.