Os cidadáns darán forma ao Futuro de Europa
O pasado 10 de marzo Ursula von der Leyen, a presidenta da Comisión Europea, David Sassoli, presidente do Parlamento Europeo e Antonio Costa, primeiro ministro de Portugal, asinaron a Declaración conxunta relativa á Conferencia sobre o Futuro de Europa.
Entre as prioridades da Comisión von der Leyen encóntrase o impulso á democracia europea: “potenciar, protexer e consolidar a nosa democracia”. E é aquí onde empezamos a familiarizarnos coa “Conferencia sobre o Futuro de Europa”. Pero, que é esta conferencia? A que se refire?
Debates e discusións protagonizados pola cidadanía de Europa. A ciudadanía europea comparte as súas ideas e contribúe a configurar o futuro común da Unión Europea. Así é como definiríamos a esta Conferencia sobre o Futuro de Europa.
Xuntos cara o futuro de Europa
O pasado 10 de marzo deuse o pistoletazo de saída para dar forma a este evento histórico coa firma da Declaración conxunta da presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, presidente do Parlamento Europeo, David Sassoli, e primeiro ministro portugués, Antonio Costa – en representación á presidencia portuguesa actual do Consello da Unión Europea.
A presidenta da Comisión Europea falou da importancia que cobran todos os cidadáns na configuración dun futuro común coa firma da Conferencia. «As expectativas dos cidadáns son claras: queren expresar a súa opinión sobre o futuro de Europa en asuntos que afectan á súas vidas. A nosa promesa de hoxe tamén o é: prestarémoslles oído e, a continuación, actuaremos», afirmou Ursula von der Leyen.
“Só xuntos poderemos construír a Unión do mañá.” Ursula von der Leyen
O obxectivo desta Declaración é dar voz aos cidadáns europeos a través dunha serie de debates e discusións nas que expoñerán as súas ideas, tomando así un papel protagonista na configuración de políticas europeas. Búscase crear un vínculo entre os europeos e as institucións que lles serven.
Cales son os próximos pasos?
Tras a firma, crearase un foro público dixital que se destinará para un debate acerca de diversas cuestións que se consideren de especial relevancia e que afectan á vida cotiá dos europeos. Nel incluirase un listado con posibles temas para a Conferencia, que coinciden coas prioridades xerais e retos clave da UE, así como cuestións anteriormente plantexadas polos cidadáns en enquisas de opinión.
A pesar das restriccións de prevención tomadas ante a COVID-19, a Conferencia tamén se desenvolverá de xeito presencial cando sexa posible e tomando as debidas medidas de seguridade.
E, como poderán os cidadáns europeos presentar as súas ideas e participar na organización de actos? A través dunha plataforma dixital multilingüe interactiva. Tanto a plataforma como os actos organizados, estarán fundamentados nos principios de inclusividade, apertura e transparencia.
Así mesmo, teranse en conta as normas da UE en materia de intimidade e protección de datos. Ca fin de que calquera europeo teña acceso a estas reunións, os debates cidadáns organizados a escala europea e as contribucións en liña faranse públicos.