O Parlamento Europeo tramitará de urxencia as denuncias que cheguen relacionadas co COVID-19
A comisión de Peticións do Parlamento Europeo tramitará de xeito urxente as peticións de cidadáns relacionadas coa pandemia do coronavirus.
Tras recibir un elevado número de peticións nas últimas semanas sobre o COVID-19, a presidenta da comisión de Peticións, Dolors Montserrat (PPE, España), anunciou que a comisión tramitaraas segundo o procedemento de urxencia.
“O noso traballo na comisión de Peticións debe continuar. Agora é máis crucial ca nunca que os cidadáns se sintan preto da UE e do Parlamento en particular. É o noso deber arroxar luz sobre as preocupacións de los cidadáns, que os seus representantes electos atendan, sobre todo nestos momentos de crises “, dixo.
“Dada a dramática situación causada polo brote de coronavirus, decidimos examinar de xeito urxente as peticións relacionadas coa enfermidade. Recibimos xa máis de corenta e imos a estudar todas e cada una delas o máis rápido posible. Organizaremos unha reunión extraordinaria do comité tan axiña como poidamos adicada en exclusiva ás peticións sobre o COVID-19”, concluiu.
As peticións presentadas tratan sobre aspectos diversos, desde a solicitude de máscaras para os policías a reclamar máis solidaridade dentro da UE, a emisión de “coronabonos”, a creación dun organismo único de coordinación de crise na Unión e a fin das medidas restrictivas.
Información adicional
Unha vez presentada unha petición ao Parlamento y que ésta é declarada admisible, a comisión de Peticións examínaa tal e como establece o artígo 216 do Regulamento. Dependendo das circunstancias, os eurodiputados poden tomar diferentes medidas para tratar de resolver un problema ou dar unha resposta axeitada ao peticionario. Poden, por exemplo, remitir a petición a outra comisión parlamentaria para a súa información, ou trasladar a súa opinión ou recomendación á Comisión, o Consello ou a autoridade do estado membro en cuestión para que tome medidas ou responda.
Debido á propagación do COVID-19, o calendario de actividades do Parlamento modificouse para as próximas semanas. Como resultado, varias reunións e actividades nas instalacións do Parlamento nas próximas semanas, incluídas as organizadas pola comisión de Peticións, foron canceladas ou pospostas.
Máis información
Páxina web da comisión de Peticións
Información sobre a tramitación de peticións – Preguntas frecuentes