Aprender desde a casa é moi doado: A UE axúdache!

Viaxar ao espazo, coñecer planetas, aprender historia ou ler. Grazas á Unión Europea podemos aprender e divertirnos desde a casa. Convidámoste a descubrir o noso recuncho!

A educación é unha prioridade para a Unión Europea, e traballamos para garantir que todos os cidadáns, empezando polos máis pequenos, teñan acceso a ela. E non só en escolas, senón tamén desde a casa! Queremos estar presentes neste importante camiño, acompáñasnos?
 

Qué mellor que aprender divirtíndose?

Es estudante de primaria ou secundaria? Quizais un profesor que quere enseñar aos seus alumnos a Unión Europea? Ao mellor es pai ou nai e estás buscando novas ferramentas para que os teus fillos aprendan durante a corentena. Temos para todos.

Hoxe queremos convidarte ao nosos rincón de aprendizaxe e diversión: a Kids Corner. Neste espazo online podes atopar todo tipo de recursos educativos, xogos, lecturas,… calquera cousa que poidas precisar!

Pero en que consiste A Kids Corner? A Unión Europea crea este espazo virtual para adicalo á educación e o entretemento dos nenos.

E non só os nenos. Podes atopar toda a información e exercicios sobre todo o que a Unión Europea fai por nós. E, se cres que xa sabes moitos, atrévete a pasar este cuestionario sobre a historia da nosa comunidade! Atréveste?
 

Para os máis pequenos

Divertirse está asegurado, pero aprender tamén na Kids Corner. Por exemplo, este xogo, que mellor que pasar un rato divertido aprendendo a identificar os países da Unión Europea e as súas bandeiras?

E iso non é todo. Que che parece se facemos este divertido rompecabezas con moitas curiosidades sobre os nosos veciños europeos? Aínda que se o seu é mirar as estrelas, neste lugar podes viaxar ao espazo, coñecer os planetas e moito máis.

No noso recuncho de aprendizaxe atoparás todo o que precisas sobre calquera tema e para todas as idades. Leis, medio ambiente, alimentación, cultura… E o que é mellor, divertiráste!. A que agardars para descubrilo?