Educación ambiental: Xogos e medidas para aprender a coidar o planeta

A educación ambiental é un dos factores clave para a conciencia necesaria para coidar o planeta. A Unión Europea facilita a súa aprendizaxe e ofrécelle as ferramentas necesarias para axudarche a coñecer os pequenos xestos que son de grande axuda para a conservación do medio ambiente.

52 medidas para unha cidade máis ecolóxica

A Unión Europea pon á túa disposición en máis de vinte idiomas este documento onde che indica 52 accións que podes realizar na túa vida cotiá para colaborar e conseguir vivir en cidades máis ecolóxicas. Son todas necesarias para mellorar a calidade de vida e a biodiversidade das cidades!

Climate & Energy Quiz

Se queres por a proba os teus coñecementos sobre o cambio climático e sobre como afectan as túas decisións diarias ao medio ambiente non dubides en enfrontarte a este cuestionario. Ademais tamén hai versión infantil, así desde pequenos poderán aprender a ser respectuosos co medio ambiente.

Xogo de mesa de acción polo clima

Descárgate este xogo de mesa e aprende con que pequenos xestos avanzamos na loita contra o cambio climático e con que accións damos un paso atrás na protección e a conservación do medio ambiente