VI Concurso de Fotografía “Ponte Verde!”

Europe Direct A Coruña e Europe Direct Lugo, centros oficiais de información da Comisión Europea, convidan ás personas residentes en Galicia maiores de idad a participar no VI Concurso de Fotografía Cidadáns Europeos en Galicia.

En 2018 a Unión Europea prohibiu a entrega gratuíta de bolsas de plástico aos consumidores e en breve serán eliminados os plásticos dun só uso como palliñas, axitadores de bebidas ou paliño para globos. Ademais, cada ano prodúcense entre 7.000 e 10.000 toneladas de residuos en todo o mundo. Uns residuos ben xestionados no só non son unha fonte de contaminación, senón que poden ser unha valiosa fonte de materias primas, sobre todo das que escasean. É certo que cada vez somos máis conscientes dos residuos que xeramos, o que nos levou a adoptar pequenos cambios no noso día a día para reducilos e facer un uso máis responsable dos recursos. Por ese motivo, o lema do concurso é “PonteVerde!”.

Que hábitos ecolóxicos adpotaches no teu día a día? Envíanos a túa fotografía e comparte con nós como “pos verde” a túa vida cotidiá.

PARTICIPA neste concurso e GAÑA un fantástico premio!!

Bases