Destinos de neve na UE
Moitos son os que esperan a chegada do invierno e da neve para practicar os seus deportes favoritos: esquí, snowboard, etc. Moitas son as modalidades de deportes de invierno que se poden practicar nas montañas da Unión Europea y nós imos contarche que tes que ter en conta para ter unha experiencia segura e inesquecible.
Á hora de por rumbo cara o teu destino, xa sexa por carretera ou en avión, a Unión Europea estará velando pola túa seguridade. Si vas en coche, recorda que o cinturón de seguridade é obrigatorio en toda a Unión Europea, mentres que se viaxas en avión, a UE asegúrache os teus dereitos como pasaxeiro e ofréceche solucións se tes retrasos ou cancelacións inesperadas.
Unha vez nas pistas, recorda utilizar material axeitado. A protección da túa pel á exposición do sol é un dos factores a ter en conta. A Unión Europea traballa para garantir a eficacia destes productos e tamén coida dos teus ollos establecendo os requisitos de calidade que teñen que cumprir todas as gafas comercializadas.
Aínda non tes decidido onde ir a esquiar este inverno? Pois aquí che deixamos as nosas propostas.
Dolomiti Superski (Italia)
É a maior área que se pode esquiar de todo o mundo grazas aos seus 1.200 kilómetros. Atópase nas rexións do Veneto e Trentino-AltoAdige e está composta por 12 estacións, que contan con instalacións e infraestruturas de alto nivel e que cada ano visitan os esquiadores máis preparados e exigentes.
Ischgl (Austria)
Esta estación destaca polas paisaxes que ofrece a todos os visitantes que viaxan ata alí para esquiar, e tamén é coñecida polo seu ambiente cando as pistas pechan. Entre os eventos máis coñecidos está o “Top of the Mountain Concert” que inicia e cerra cada año a tempada de esquí. Por todo isto e pola calidade das súas infraestruturas é considerada unha das mellores estacións de esquí de Europa.
Val d’Isére – Tignes (Francia)
A unión destas dúas estacións de esquí conseguiu formar un dos complexos de esquí máis bonitos de todo o mundo cun encanto especial. O encanto de Val d’Isére e a variedade de modalidades que se poden practicar en Tignes, que conta cun recoñecido snowpark, converten estes 300 km nun auténtico paraíso para os esquiadores.
Sierra Nevada (España)
Sierra Nevada ofrece posibilidades únicas en todo o continente para os seus visitantes grazas á súa situación xeográfica e aos eu clima. É unha das estacións máis destacadas da Península Ibérica e que máis visitantes recibe cada ano nas súas pistas, donde ademais tamén se pode facer esquí nocturno, outro dos factores que lle fan ser unha estación inigualable en toda Europa.