News


Novo etiquetado enerxético

Despedímonos de A +, A ++ e A +++

¡E damos a bienvenida a unha nova escala A – G para o etiquetado enerxético!

Desde marzo 2021, coa nova xeración de etiquetas enerxéticas da UE, a elección dos electrodomésticos de menor consumo será máis doada.

https://bit.ly/3jD9TRL

#EUGreenDeal

https://bit.ly/3jD9TRL#EUGreenDeal

Novo Pacto sobre Migración e Asilo 📢🇪🇺

Un novo comenzo en materia de inmigración: Crear confianza e atopar un novo equilibrio entre responsabilidade e solidariedade.

A Comisión Europea propón un novo Pacto sobre Migración e Asilo que abarca todos os diferentes niveis necesarios para unha proposta europea integral en materia de migración. Establece procedementos mellorados e máis rápidos para todo o sistema de asilo e migración. E establece un equilibrio entre os principios de reparto equitativo da responsabilidade e a solidariedade. Isto é crucial para restablecer a confianza entre os Estados membros e a confianza na capacidade da Unión Europea para xestionar a migración.

Toda a info pulsando AQUÍ

Aberto o prazo de inscrición na semana europea das rexións e das cidades 2020 (#euregionsweek)

 Xa está aberto o prazo de inscrición na Semana Europea das Rexións e das Cidades #EURegionsWeek 2020, na que a Deputación de Lugo coordinará a celebración dun taller de traballo xunto con outros tres socios europeos, e no que se debaterá sobre O RETO EUROPEO DO ENVELLECEMENTO ACTIVO POST COVID 19

Trátase dun proxecto liderado pola Deputación de Lugo para o que se constituíu unha Asociación Rexional na que participan como socios outros tres países: a rexión de Burgerland, en Austria, a municipalidade de Mantua, na rexión de Lombardía (Italia) e o municipio de Palaio Faliro, en Atenas (Grecia). Hai que lembrar que a Deputación de Lugo, foi seleccionada entre mais de 6000 candidaturas para participar no maior evento anual de política rexional que se celebra en toda Europa. 

Debido ás medidas de seguridade e a situación sanitaria provocada pola COVID 19, este ano será a primeira Semana Europea das Rexións e das Cidades que se celebrará totalmente en formato dixital xa que todas as sesións de traballo organizaranse virtualmente sen audiencia física. A pesar das dificultades xeradas pola pandemia, a #EURegionsWeek 2020 ofrecerá aos participantes máis de 500 sesións de traballo dixital durante as tres primeiras semanas de outubro (do 5 ao 22 de outubro), que se estruturan en tres áreas temáticas: Empoderar aos cidadáns; Cohesión e Cooperación; e Europa Verde. Podes consultar o programa completo desta edición e inscribirte na Semana Europea das Rexións e das Cidades nas seguintes ligazóns: 

INSCRICIÓN #EURegionsWeek 2020 

Tras a crise de saúde global do Covid-19, na que os nosos maiores foron a poboación mais afectada, a Deputación de Lugo entende prioritario para as administracións públicas e os axentes sociais e económicos, incorporar factores demográficos no deseño e desenvolvemento de políticas sociais e de saúde. Un dos compromisos prioritarios da actual corporación, é adoptar medidas que favorezan o envellecemento activo dos cidadáns, sendo este un dos temas principais sobre os que xirará o debate no taller de traballo organizado pola entidade provincial e que se inclúe dentro do programa da #EURegionsWeek 2020. Se queres asistir virtualmente ao taller de traballo liderado pola Deputación de Lugo e que se celebrará virtualmente o día 13 de outubro do 2020 podes inscribirte na seguinte ligazón: 

O RETO EUROPEO DO ENVELLECEMENTO ACTIVO POST COVID 19 

O prazo de inscrición nesta edición da Semana Europea das Rexións e das Cidades remata o próximo 27 de setembro. 

Semana Europea da Mobilidade 2020

¡Lugo, móvete en verde!

Hoxe empeza a Semana Europea da Mobilidade 2020, que baixo o lema “Por unha mobilidade sen emisións” sensibiliza sobre os beneficios do transporte sostible e as viaxes a pé.

16-22 setembro 2020 #MobilityWeek

Máis info e recursos aquí: mobilityweek.eu