News


Os centros Europe Direct Lugo e Minho organizan este venres 20 o evento online “Multilateralismo e eurorrexións: cal é o futuro”

O obxectivo é abordar os beneficios da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, así como achegarse á Comisión Europea e ás autoridades locais con vistas ao futuro

Participarán Ricardo Ferreira, coordinador “Border Focal Point” da Comisión Europea; Ricardo Rio, alcalde de Braga e presidente do Eixo Atlántico; tamén Lara Méndez, alcadesa de Lugo e vicepresidente do Eixo Atlántico

O Centro de Información Europe Direct do Minho (CIED Minho) / Instituto Politécnico de Cávado e Ave (IPCA), promove en colaboración con Europe Direct Lugo, a radio Antena Minho e o xornal Correio do Minho, un debate en liña o 20 de novembro, ás 16:30 horas, sobre o tema do multilateralismo e o futuro das eurorrexións.

“Multilateralismo e eurorrexións: que futuro?” é o lema do evento “Diálogos cos cidadáns” que pretende dar aos cidadáns a oportunidade de relacionarse coas autoridades locais e europeas. O obxectivo da actividade é comprender cal debe ser o papel das eurorrexións no futuro de Europa e como as rexións transfronteirizas se beneficiaron da creación de sinerxías para mellorar o desenvolvemento económico local – o caso da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

Para analizar o tema, contamos cun ilustre panel de relatores: Ricardo Ferreira (coordinador “Border Focal Point” da Comisión Europea), Ricardo Rio (alcalde de Braga e presidente do Eixo Atlántico) e tamén Lara Méndez (alcadesa de Lugo e vicepresidente do Eixo Atlántico).

A sesión transmitirase a través das páxinas da rede social CIED Minho e Antena Minho “Facebook”. Os cidadáns poden participar no debate compartindo ideas/suxestións e preguntas sobre o tema, informadas a través do chat, para que poidan ser respondidas polos relatores. Deste xeito, os CIED Minho/Lugo invitan a toda a comunidade a seguir e participar activamente no debate.

Onde ver o programa?

CIED Minho: https://www.facebook.com/cied.minho

Antena Minho: https://www.facebook.com/antenaminho

EDIC Lugo: https://www.facebook.com/europedirect.lugo

Consulta pública sobre o futuro FSE+ en España

O futuro do Fondo Social Europeo+ (FSE+) estase debatendo agora mesmo a nivel nacional: o principal instrumento europeo que apoia á creación de emprego, axuda ás persoas a conseguir mellores postos de traballo e garantiza oportunidades laborais máis xustas para todos.

A autoridade de xestión do FSE+ en España lanzou unha consulta pública sobre o periodo 2021-2027 coa intención de animar a entidades e cidadáns a participar.

Tras un proceso de diálogo con representantes do sector público estatal, autonómico e local, o sector privado, o terceiro sector e as organizacións empresariais e sindicais más representativas, elaborouse un documento estratéxico de análise das aportacións recibidas. O contido deste documento identifica as prioridades en materia de emprego, educación, inclusión social e loita contra a pobreza, e constitúe o punto de partida para o deseño do futuro FSE+ en España. 

proceso de consulta pública lanzado pola autoridade de xestión do FSE+ permite a calquera interesado de formular por escrito aportacións ou observacións que considere oportunas respecto ao contido do Documento Estratéxico FSE+ 2021-2027. O prazo establecido para o envío de aportacións é entre o 27 de outubro e o luns 30 de novembro.

Manda a túa contribución a: fse2021-2027@mitramiss.es

Impulsar a economía: salarios mínimos adecuados

💼💸🇪🇺 A crise afectou especialmente a traballadores con salarios baixos 👉 A proposta da Unión Europea sobre salarios mínimos adecuados pretende previr as desigualdades e garantir unha recuperación de Europa inclusiva e xusta.


Nicolas Schmit, comisario de Emprego e Dereitos Sociais: “As persoas cun emprego non deberían ter problemas para chegar a fin de mes. Os salarios mínimos deben aumentar”


➡ https://bit.ly/3jFPD16

Rebrote do coronavirus: a Comisión adopta novas medidas

A Comisión Europea pon en marcha hoxe un conxunto de medidas adicionais para contribuír a limitar a propagación do coronavirus, salvar vidas e reforzar a resiliencia do mercado interior

  1. Mellorar o fluxo de información para permitir a toma de decisións con coñecemento de causa
  2. Establecer probas de diagnóstico máis eficaces e rápidas
  3. Aproveitar plenamente as aplicacións de rastrexo de contactos e de alerta a través das fronteiras
  4. Lograr unha vacunación efectiva
  5. Lograr unha comunicación eficaz cos cidadáns
  6. Garantir os suministros esenciais
  7. Facilitar a seguridade nas viaxes
  8. Ampliación dos corredores verdes

+info: https://bit.ly/2Tw1oN8