Queres saber como traballamos para garantir que podes viaxar con seguridade na UE? Sabías que temos unha plataforma con información en tempo real de cada país? Contámosche todo aquí.
O turismo é unha parte esencial da nosa economía e das nosas vidas, pero na UE chega primeiro a seguridade das persoas. É por iso que, desde a Comisión Europea traballamos para que poida viaxar polo noso continente da mellor forma.
Apoio a cidadáns e empresas
Desde o 18 de marzo, publicamos directrices para protexer os dereitos dos pasaxeiros. E xa o 13 de maio, presentamos as recomendacións para que aos poucos cada país aumentase os permisos.
Dende a UE tamén apoiamos aos sectores máis afectados pola COVID-19, como o do transporte. O 29 de abril, a Comisión adoptou un paquete de medidas para axudar a estas empresas.
Seguridade e control sanitario
Para a reactivación segura do turismo, contamos cunhas normas comúns. Desta forma, os hoteis e aloxamentos deben seguir uns protocolos sanitarios axeitados.
Dentro destes, inclúese, por exemplo, o rastrexo, a vixilancia e o control de contactos. Para que o turismo sexa seguro debe existir un sistema sanitario capaz de abastecer á poboación local e aos viaxeiros.
O transporte é unha parte fundamental da viaxe. Por este motivo, establecemos consellos para cada medio e recomendacións prácticas, como a limitación de contactos ou o uso de protección individual, como as máscaras.
Tamén é importante que todos os países teñan os equipos, medicamentos e produtos sanitarios necesarios. Dende a UE temos garantida a subministración cunha extensa rede de transporte de mercadorías.
Ademais, o control das fronteiras debe ser coordinado a nivel europeo. Xa o pasado 16 de marzo publicamos as orientacións necesarias para levar isto a cabo.
Re-open EU, a nova plataforma web de axuda a turistas
O 15 de xuño lanzamos Re-open EU, a plataforma que todo viaxeiro necesita para planificar as súas viaxes e as súas vacacións. Nela, atoparás toda a información sobre o turismo na UE.
Por que é tan útil? Re-open EU é imprescindible porque conta con datos en tempo real sobre fronteiras, medios de transporte ou restriccións de viaje. Ademais, nesta web poderás coñecer todas as medidas de seguridade e saúde pública.
Esta plataforma é unha referencia para todo o que queira viaxar pola UE. A través dun mapa interactivo, o viaxeiro poderá consultar información de cada un dos nosos países.
Ademais, a web é accesible para todos, xa que está dispoñible en 24 linguas oficiais da UE. E pode consultarse desde calquera dispositivo. A que agardas para descubrila?