Servizos de Emprego


Os servizos públicos de emprego (SPE) son organismos públicos ou gobernamentais nacionais encargados das actividades de posta en marcha das políticas do mercado de traballo.

No marco da estratexia europea para o emprego , os SPE son os actores centrais da posta en marcha das liñas directrices para as políticas de emprego dos Estados membros. Os SPE proporcionan servizos gratuítos ós demandantes de emprego  (traballadores desempregados ou solicitantes de cambio de emprego) así como a empregadores. Poñen en contacto as demandas e as ofertas de emprego e contribúen igualmente á transparencia no mercado de traballo. Xogan un papel especifico como servizo público e autónomo pero igualmente en partenariado coas demais organizacións.

Aínda que os SPE son estruturas diferentes en cada país, teñen todos a mesma misión poñer en contacto a oferta e a demanda de traballo ofrecendo servizos de información orientación e facilitando a procura activa de emprego. Misión fundamental dos servizos públicos de emprego.

Os SPE ofrecen un fácil acceso ó mercado de traballo a nivel local, nacional e europeo a todos os demandantes de emprego e a todas as empresas especializadas na selección de persoal. Para elo, ofrecen información completa e detallada sobre os postos a cubrir, sobre os demandantes de emprego e sobre os empregos. Proporcionan igualmente unha longa gama de servizos activos de asistencia para a procura de emprego e selección de persoal..

Rede Eures:
http://ec.europa.eu/eures//home.jsp?lang=es

Outros enlaces de emprego:

Páxina de emprego e asuntos sociais da Comisión Europea:
http://ec.europa.eu/employment_social/index_en.html

Fundación Europea para a mellora das condicións de vida e traballo:
http://www.euriofound.europa.eu/

Observatorio de Emprego:
http://www.eu-employment-observatory.net

Recoñecemento de cualificacións profesionais: 
http://ec.europa.eu/internal_market/qualifications/index_en.htm

Servicio público de empleo español (SEPE): 
https://www.sepe.es/