
Europa e o emprego
A responsabilidade da política de emprego e asuntos sociais corresponde fundamentalmente aos gobernos nacionais. O financiamento da UE apoia e complementa os seus esforzos.

Para contrarrestar as consecuencias do envellecemento da poboación, a política social e de emprego da UE apunta a:
- facilitar a transición dos estudos á vida laboral
- facilitar a procura de emprego
- modernizar os réximes de seguridade social
- facilitar aos traballadores a libre circulación na UE
- reducir a pobreza
- protexer ás persoas con discapacidade.
Así mesmo, a UE:
- coordina e supervisa as políticas nacionais
- anima aos Estados membros a intercambiar boas prácticas en materia de integración social, pensións e loita contra a pobreza
- apoia a formación, a capacitación e o emprendemento
- lexisla e supervisa a aplicación da normativa en ámbitos como os dereitos dos traballadores, a discriminación no traballo e a coordinación dos réximes de seguridade social.