Formación


Os programas educativos europeos máis importantes son Comenius, no eido escolar, Leonardo da Vinci, para a formación profesional, programa Erasmus, para o ensino universitario e Grundvig, para o ensino de adultos.

O programa eLearning promove a integración efectiva das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) nos sistemas de educación e formación na UE. A liña máis importante deste programa é a iniciativa eTwinning, que pon a disposición dos centros escolares un portal de internet con ferramentas e apoio para facilitar a realización de proxectos de irmandade entre centros de diferentes países. As irmandades de eTwinning permiten ós profesores de todas as materias desenvolver proxectos pedagóxicos comúns, compartir experiencias e recursos didácticos e introducir a dimensión europea na aula. Os alumnos teñen a oportunidade de aprender de e con os seus compañeiros de outros países, de practicar idiomas estranxeiros e de desenvolver destrezas relacionadas coas TIC.

No 1995, a Comisión Europea publicou o Libro Blanco sobre a educación e a formación. Nel explicouse amplamente a importancia de que os cidadáns europeos podan recibir formación o longo de toda a vida, o que se coñece como aprendizaxe permanente. O obxectivo é manter a competitividade e combater a exclusión social.

Recollendo estas ideas, no ano 2000, o Memorándum sobre a aprendizaxe permanente, documento de traballo de servizos da Comisión Europea, convoca un debate europeo para facer realidade a aprendizaxe durante toda a vida a nivel individual e institucional. O final do memorándum, expoñen seis claves a ter en conta para esta estratexia: garantir o acceso universal e continuo á aprendizaxe para obter e renovar as cualificacións dos cidadáns, aumentar a inversión en recursos humanos, crear métodos eficaces para a aprendizaxe permanente, valorar a aprendizaxe no formal e informal, asesorar e informar das oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida e ofrecer oportunidades próximas de aprendizaxe permanente.

Aínda así, existen grandes diferencias de nivel cultural, social e moral entre os países potenciais e desenvolvidos da unión respecto ós menos desenvolvidos e incluso nalgúns dos países ricos hai niveis profesionais moi débiles e contraproducentes ós esquemas da Unión.

A Unión Europea foi sempre coñecida como unha das zonas de maior prestixio educativo e é famosa polos seus proxectos e pola súa gran evolución e experiencia e aínda que teña déficits nalgunhas das súas características, adica moito esforzo económico e social para que estas debilidades sexan superadas, sobre todo en países que se cohesionaron recentemente.

En anos recentes o denominado Proceso de Bolonia, un acordo intergubernamental europeo, persegue crear un Espazo Europeo de Ensino Superior, para facilitar a movilidade dos estudiantes nos países membros do acordo.

Educación e formación en Europa:
http://ec.europa.eu/education/index_fr.htm

Recoñecemento de cualificacións:
http://www.enic-naric.net/

Aprendizaxe no espazo europeo:
http://ec.europa.eu/ploteus/home.jsp?language=es

Recoñecemento de títulos da UE:
http://ec.europa.eu/education/policies/rec_qual/recognition/index_fr.html

Guía de ensino dos países europeos:
http://www.euroeducation.net/

Bolsas europeas:
http://cordis.europa.eu/fp7/dc/index.dfm?Europass

O medio ambiente para os mozos europeos:
http://ec.europa.eu/environment/youth/index_es.html

Eurochavales:
http://www.eurochavales.es/