Bases certame de fotografía #EuropaDendeLugo
Artigo 1: Entidade Organizadora
O Oficina de Europe Direct Lugo (en diante a Entidade Organizadora) encargada da celebración do Día de Europa; organiza o 9 de maio de 2025, un concurso de fotografía dixital #EuropaDendeLugo.
Artigo 2: Participación
A participación neste sorteo gratuíto implica a aceptación expresa e sen reservas das presentes bases.
Poderá participar neste sorteo calquera persoa física, que estea presente na celebración do Día de Europa o venres 9 de maio de 2025 a partir das 16:45h ata as 20:15h. Se poderá participar na consiga de likes ata o domingo 11 de maio ás 23:59h.
O participante comprométense a, ler e aceptar de boa fe as presentes bases de participación.
Descartarase calquera inscrición errónea ou incompleta e a participación declararase nula; ao igual que se se detectan multiplicidade de inscricións ou fraude.
Artigo 3: Descripción do concurso
A dinámica de participación será a seguinte:
- Os participantes faranse un selfie ou fotografía creativa no evento do Día de Europa no Concello de Lugo o 9 de maio.
- Publicarán a imaxe en Facebook e/ou Instagram, etiquetando ao @Concello de Lugo e @Europe Direct Lugo.
- Seguirán as contas de @Concello de Lugo e @Europe Direct Lugo na rede social que publiquen.
- Incluirán o hashtag #EuropaDendeLugo.
As 3 fotografías con máis likes gañaran un lote de merchandising oficial do Día de Europa composto por: mochila, camiseta, bolígrafo e gorra.
Artigo 4: Mecánica da promoción
Para participar no sorteo deberán seguir os seguintes pasos:
- Sacar unha fotografía no sitio do evento.
- Subir a fotografía ao Instagram ou Facebook.
- Ter o perfil público para poder ver a publicación da fotografía.
- Seguir e etiquetar as contas do Concello de Lugo e Europe Direct Lugo.
- Incluír o hashtag #EuropaDendeLugo.
- As 3 fotografías con máis likes gañaran o premio, composto por: mochila, camiseta, bolígrafo e gorra.
- A organización fará reconto dos likes, rematando a súa consiga o domingo 11 de maio ás 23:59h, e publicará un post o luns 12 de Maio para declarar quen son gañadores.
- Os premios deberán recollerse nas oficinas de Europe Direct Lugo (Antigo cuartel de Garabolos, Av. de A Coruña, 500, 27003 – Lugo).
Artigo 6: Atribución e entrega de premios
Os gañadores autorizan a Oficina Europe Direct Lugo e ao CONCELLO DE LUGO a reproducir e utilizar o seu nome e apelidos e outros datos para promoción sen que dita utilización lle confira o dereito de remuneración ou beneficio algún con excepción feita da entrega do premio gañado.
Artigo 7: Modificación das bases
A entidade organizadora resérvase o dereito a modificar os artigos destas bases e especialmente as bases do sorteo e os premios asignados, fundamentalmente para ter en conta a evolución das disposicións legais, regulamentarias ou administrativas, as resolucións xudiciais ou as recomendacións formuladas polo organismos encargados da administración.
Artigo 8: Consulta das bases
Estas bases poderán consultarse en calquera momento no código QR que se facilitará, durante o período de vixencia do concurso (Venres 9 de Maio de 2025 dende as 16:45h ate as 20:15h) e por redes sociais.
Artigo 9: Litixios
As presentes bases e todos os participantes réxense pola lexislación española aplicable ao concurso. No caso de que por este concurso xurda algún litixio que non poida ser resolto amigablemente, as partes sométense aos Xulgados e Tribunais da cidade de Lugo. Finalmente, no caso de que algunha cláusula destas bases fose declarada nula de pleno dereito, non afectará á súa vixencia.