Novas


Brexit: dúbidas

#BREXIT | Campaña informativa para facilitar a cidadáns e empresas a súa adaptación. Inclúe atención consular a través da #VentanillaÚnica para resolver dúbidas e axudar aos residentes 🇪🇦 en 🇬🇧 .➡ https://bit.ly/3pF8rAT

A primeira vacina contra a #COVID19 en España

A primeira vacina contra a #COVID19 en España recibiuna Araceli, unha muller de 96 años.

Mónica foi a primeira sanitaria en recibir a vacina.

Entre os días 27, 28 e 29 de decembro de 2020 empeza o proceso de vacinación de todos os europeos. Unha vacina segura e eficaz é a nosa mellor baza para derrotar ao coronavirus e volver a levar unha vida normal.

A Comisión Europea estivo traballando incansablemente para garantir a dispoñibilidade de doses de vacinas potenciais para todos. Aquí inclúese a colaboración estreita con empresas farmacéuticas e coa Axencia Europea de Medicamentos, para poder dispoñer o antes posible dunha vacina segura e eficaz. Ao igual que con calquera vacina, éstas someteranse a unha rigurosa evaluación científica antes da súa comercialización.

Tes máis información, declaracións de expertos e de cidadáns nesta web: https://bit.ly/2WRah5C

Europa agasalla natureza a través do Life

600 escolares de Lugo recibiron como agasallo de Nadal unha planta de castiñeiro do novo bosque urbano municipal das Gándaras enmarcado no LIFE Lugo + Biodinámico

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada pola deputada Pilar Porto e de Juan Luis, Fernández, profesor da Escola Politécnica Superior de Lugo e integrante do Grupo de Investigación do Campus Terra, fixeron entrega á dirección do colexio dun agasallo moi especial de Nadal no CEIP Luis Pimentel, un planta de castiñeiro do souto do novo bosque urbano das Gándaras nun acto que simbolizou o envío de 600 plantas a todos os colexios do municipio.

A rexedora explicou que “se todo inicio de ano é sempre unha luz de esperanza por unha nova etapa que comeza, tras este duro e complexo 2020, queremos entregar aos nenos e nenas e ás súas familias un pequeno agasallo que supoña unha semente de ilusión de cara a 2021”. Aclarou, ademais, que “é unha semente relacionada co Lugo no que estamos a traballar para acadar unha cidade máis verde e sostible, máis sa para toda a veciñanza e que sexa máis resiliente co fin de saír reforzados dos danos causados polo cambio climático”.

As plantas entregáronse en tubo xa que “foron producidas en laboratorio polo Campus Terra a partires de anacos pequenos (unhas poucas células) que se recolleron, con moito agarimo, dalgunhas árbores de castiñeiro plantadas no souto do LIFE Lugo+Biodinámico”, sostivo Lara Méndez, que agradeceu e puxo en valor o traballo de investigación realizado polo equipo da Universidade implicado na creación do bosque urbano das Gándaras.  

Cómpre lembrar que neste espazo desenvolvéronse un Arboretum con 15.000 exemplares e  cultivos enerxéticos pensando no impulso do sector forestal, e reproducíronse tamén oito bosques autóctonos galegos que albergan 55 especies arbóreas e arbustivas diferentes, ademais de recuperar un humidal que forma parte do Parque Lineal Verde que envolve toda a cidade. “Este bosque urbano xa supuxo unha mellora dos indicadores ambientais dos polígonos das Gándaras e do Ceao. E é, desde logo, un refuxio para a biodiversidade e unha zona que pronto abriremos para goce da poboación lucense” subliñou a alcaldesa.

A través desta iniciativa repartíronse un total de 600 exemplares nos centros de infantil e primaria do municipio co obxectivo de contribuír á concienciación dos escolares e das familias ao coido do medio ambiente. “É importante que traballemos xa dende a infancia co obxecto de que os nenos e nenas coñezan a importancia de contribuír unidos a deixar, aos que nos sucedan, un mundo mellor. E as familias son as mellores aliados neste labor por amosarlles o amor pola nosa terra”, incidiron Lara Méndez e Pilar Porto.

Lugo, á vangarda na loita contra o cambio climático

O Proxecto LIFE Lugo + Biodinámico é un dos piares do modelo de cidade que impulsa o Goberno de Lara Méndez, que une de xeito indisoluble o desenvolvemento urbanístico e a sostibilidade económica. O obxectivo é situar a Lugo como un referente europeo na loita contra o cambio climático en contornas urbanas, ao tempo que se promove un novo modelo produtivo baseado no desenvolvemento de todo o potencial dos recursos naturais dispoñibles, apostando firmemente por unha economía sostible e a xeración de empregos verdes.

Neste proxecto cofinanciado pola Unión Europea, o Concello está acompañado da Deputación de Lugo e tamén conta co labor de investigación da Universidade de Santiago de Compostela e da Universidade Politécnica de Madrid.

Primeira vacina contra a #COVID19 autorizada na UE

Tras a recomendación da Axencia Europea de Medicamentos, onte concedeuse a autorización condicional para a vacina BioNTech / Pfizer.

#EUVaccinationDays A campaña de vacinación empezará axiña.

Como nos aseguraremos de que as vacinas COVID-19 sexan seguras?

✓Supervisión a grande escala

✓Informes de seguridade todos os meses

✓Seguimento de estudos e probas

✓Máxima transparencia

Como funcionan as vacinas? Pincha aquí https://bit.ly/3avGFml

Todo sobre o PACTO EUROPEO POLO CLIMA

Todo sobre o PACTO EUROPEO POLO CLIMA, dirixido á cidadanía, comunidades e organización, é unha iniciativa da European Commission para avanzar cara un futuro máis sostible.

  • O Pacto Europeo polo Clima: empoderar aos cidadáns para que den forma a unha Europa máis verde: https://bit.ly/3p87Pnn

Fondos de axudas para #emprender en #Europa

🚀🇪🇺 ¿Es novo e tes en mente crear a túa propia empresa? Xa deches o paso pero non sabes por onde empezar a recadar dinero?
💰 Coñece os fondos de axudas para #emprender en #Europa

– Fondos Cosme

– Programa COSME

– Programa InnovFin

– Europa Creativa

ℹ https://cutt.ly/hhYxZdk