Novas


2021: o ano do Ferrocarril

A día de hoxe, é un dos transportes máis rápidos e que menos contamina no mundo.

Pero só o 7% de pasaxeiros e o 11% das mercadorías viacan en tren en toda Europa debido tamén á alta competencia doutras vías de transporte como o avión ou o barco.

Por iso a Comisión Europea creará un Espazo Ferroviario Único Europeo en 2021 que será unha rede ferroviaria europea máis eficiente permitindo unha mobilidade fluída a través das fronteiras.

Entérate de más aquí: https://bit.ly/3tDiFVsh

El Parlamento quiere garantizar el derecho a desconectar del trabajo

Os eurodiputados piden protexer o derecho fundamental dos traballadores/as á desconexión y non ser contactados fóra do seu horario laboral.

As ferramentas dixitais aumentaron a eficiencia e a flexibilidade para empregadores e empregados, pero á súa vez crearon unha cultura de “dispoñibilidade constante”, na que os traballadores están accesibles fácilmente en calquera momento e lugar, incluso fóra do horario laboral. A tecnoloxía fixo posible o teletraballo e a Covid-19, xunto aos confinamentos domiciliarios, xeralizárono.

37% dos traballadores da UE empezaron a traballar dende a casa durante o confinamento 

O teletraballo difumina a liña entre a vida privada e a profesional

Aínda que o teletrabajo salvou postos de traballo e permitiu que moitas empresas sobrevivisen á crise do coronavirus, tamén borrou a liña que distingue entre o privado e o profesional. Isto significou que moitas persoas traballen fóra do seu horario laboral habitual, prexudicando ao equilibrio entre a vida persoal e a laboral.

27% das persoas que traballan desde a casa traballaron durante o seu tempo libre 

As persoas que traballan a distancia con regularidade teñen máis do doble de probabilidades de traballar máis das horas de traballo máximas establecidas na Directiva que as que non o fan.

A conexión ao trabajo sen descanso pode provocar problemas de saúde

O descanso é fundamental para o benestar. A conexión continua ao traballo ten consecuencias para a saúde. Sentarse demasiado tempo fronte á pantalla e trabajar demasiado reduce a concentración, provoca sobrecarga cognitiva e emocional e pode provocar dores de cabeza, cansancio ocular, fatiga, falta de sono, ansiedade ou esgotamento. Ademais, unha postura estática e os movementos repetitivos poden causar distensión muscular e trastornos musculoesqueléticos, especialmente en entornos de traballo que non cumplen cos estándares ergonómicos.

O Parlamento pide unha nova lei para a UE

O dereito á desconexión non está definido actualmente na lexislación da UE. O Parlamento quere dar o paso. O 21 de xaneiro de 2021, os eurodiputados pediron á Comisión que elaborara unha lei que permitise aos empregados desconectarse do traballo fóra do seu horario laboral, sen consecuencias, e que establecera estándares mínimos para o traballo a distancia.

O Parlamento sinalou que os contactos fóra das horas de traballo, e a ampliación das xornadas, poden aumentar o risco de que produzan horas extraordinarias non remuneradas, así como de ter un impacto negativo na saúde. Por iso, o PE pediu as seguintes medidas:

  • Os empregadores non deberían exigir que os traballadores estén dispoñibles fóra do horario e os compañeiros de traballo deberían absterse de poñer en contacto entre eles por motivos laborais.
  • Os países da UE deberían garantir que os traballadores que esixen o seu dereito á desconexión estén protexidos de repercusións negativas e que existan mecanismos para tramitar as queixas ou infracións sobre o mesmo.
  • As actividades de formación profesional a distancia deben contarse como actividade laboral e non deben ter lugar durante horas extraordinarias ou días libres sen unha compensación axeitada.

A maioría dos países da UE regulan o teletrabajo, pero só cuatro (Bélxica, Francia, Italia e España) recoñecen o dereito á desconexión. Francia foi a primeira en 2016.

‘No more Matildas’, campaña para por fin á invisibilidade das mulleres na ciencia

Sabías que o 11 de febreiro é o día das mulleres na ciencia? Axúdanos na difusión da campaña de comunicación #nomoreMatildas.

A iniciativa, organizada pola Asociación de Mujeres Científicas AMIT e apoiada pola Oficina do Parlamento Europeo, recibe o seu nombre en honor de Matilda Yoslin Gage, a primeira activista en denunciar a ‘invisibilidade’ das mulleres científicas do seu tempo.

Entre outras cousas, a campaña confirma que as mulleres só figuran no 7,6% dos materiais educativos e que só o 28,5% dos estudantes en carreiras de ciencias son rapazas.

Europe Learning Corner

Buscas material educativo sobre a Unión Europea?

Entra na web Europe Learning Corner

Materiais por grupos de idade, Materiais por temas populares (cultura, medio ambiente, agricultura, países da UE…), Test, Xogos, Liña cronolóxica da UE, Intercambios entre profesorado, Intercambios e becas, Noticias e concursos…

A educación é un dos pilares das redes #EuropeDirect

Prácticas na Comisión Europea

Prestaríache vivir unha experiencia única e enriquecedora nas institucións europeas? 🇪🇺
¡Está aberto o prazo de envío de solicitudes para as prácticas #BlueBook na European Commission a partir de outubro! Tes ata o 29/01/2021
Máis info aquí→ http://ec.europa.eu/stages/

#EUGreenWeek 2021

A Semana Verde Europea #EUGreenWeek 2021 estará adicada a #ZeroPollution

Se queres organizar un obradoiro, exposición ou evento online relacionado entre o 3/05 e o 13/06

→ Inscríbete e sé un dos socios oficiais do evento antes do 12 de marzo: https://bit.ly/2NsJqva

ESNsurvey 2021

ESNsurvey2021, é unha enquisa a nivel europeo centrada nos elementos centrais da mobilidade dos estudantes da educación formal e non formal.


Apúntaste a cubrila? http://www.esn.org/survey2021. Queremos coñecer as túas experiencia!

Quen pode completala? Erasmus+ (estudos e prácticas) que realizaran a súa mobilidade internacional nos cursos 2018/2019, 2019/2020 e primeiro semestre deste curso 2020/2021 / Outro tipo de estudantes internacionais / Participantes do Corpo Europeo de Solidariedade

Boletín de ofertas de emprego

Coñeces o boletín de ofertas de emprego na UE que elabora #UDAReperEspañaUE? Recolle as últimas vacantes e oportunidades de prácticas nas Institucións da Unión Europea
Bótalle un ollo! 🕵 https://bit.ly/3hwnf1V