Author: Europe Direct Lugo


Que fai a UE pola igualdade de xénero?

Rematar coa desigualdade entre homes e mulleres é unha prioridade no día a día de todos os cidadáns. Os nosos comportamentos e accións están enfocados a conseguir isto. E tamén as nosas políticas. A xustiza para a igualdade de xénero faise cada vez máis próxima a converterse nunha realidade: as bases establécense e o foco está claro. Agora é o momento de xuntarse cara á igualdade. Estás con nós?

Read More

O censo para as eleccións europeas estará a exposición pública dende o vindeiro luns ata o 15 de abril

O Concello de Lugo informa de que durante o período comprendido entre o vindeiro luns, día 8, e o 15 de abril, ambos os dous inclusive, permanecerá exposto ao público o censo electoral pechado ao día 31 de xaneiro deste ano co obxecto de que todos os veciños e veciñas empadroados poidan comprobar a súa correcta inscrición nas listas de votación e, no seu caso, facer as reclamacións oportunas, ante a convocatoria das eleccións municipais e europeas para o vindeiro 26 de maio.

Read More