XI CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “CIDADANÍA EUROPEA EN GALICIA”

EUROPE DIRECT A Coruña e EUROPE DIRECT Lugo, centros oficiais de información da Comisión Europea, convidan as persoas residentes en Galicia maiores de idade a participar no XI Concurso de Fotografía Cidadanía Europea en Galicia: “Europa preto de ti”.

Con motivo da súa undécima edición, o Concurso de Fotografía Cidadanía Europea en Galicia convida a representar nunha imaxe como a Unión Europea está presente no teu día a día, aproveitando que este ano 2024 celébranse as Eleccións Europeas e ademais celébranse dous aniversarios crave:

• 30 anos de EURES: A rede europea de servizos de emprego celebra 30 anos axudando ás persoas para atopar emprego en Europa e aos empregadores para atopar persoal. EURES é unha rede de ao redor de 1.000 asesores de servizos de emprego con presenza en 31 países. Facilita a liberdade de circulación de persoas por motivos laborais.

• 20 anos da gran ampliación: o 1 de maio de 2004 cúmprese o vixésimo aniversario da ampliación da Unión Europea cara a Europa Central e Oriental, Chipre e Malta. Nesa data incorporáronse á Unión Europea dez novos países e ao redor de 75 millóns de habitantes. Esta expansión foi denominada o “big bang” cando a UE pasou de quince a vinte e cinco estados membro. 

Envíanos a túa fotografía e comparte connosco como de cerca ves a Europa!

Toda obra debe incluír un símbolo representativo da Unión Europea.

PARTICIPA neste concurso e GANA un fantástico premio!!

BASES

FORMULARIO DE PARTICIPACIÓN

BASES DO CONCURSO

1. Organización

EUROPE DIRECT A Coruña e EUROPE DIRECT Lugo (de agora en diante “os organizadores”) convocan o undécimo concurso de fotografía baixo o lema “Europa preto de ti” (de agora en diante “o Concurso”) a través da páxina de Facebook creada a tal fin en https://www.facebook.com/concursocidadaniaeuropeaengalicia.

2. Persoas participantes

Poderán participar as persoas residentes en Galicia maiores de 18 anos que se animen a desafiar o obxectivo da súa cámara.

3. Tema

O lema do concurso é “Europa preto de ti”, co obxectivo de destacar que este ano 2024 se celebran Eleccións Europeas e ademáis, teñen lugar dous aniversarios clave:

  • 30 anos de EURES: EURES é a rede europea de servizos de emprego que ten como misión facilitar a liberdade de circulación das persoas por motivos laborais. Conta cunha rede de preto de 1.000 asesores de servizos de emprego con presenza en 31 países.
  • 20 anos da gran ampliación: O 1 de maio de 2004 é o vixésimo aniversario da ampliación da Unión Europea cara a Europa Central, do Leste, Chipre e Malta. Dez novos países e uns 75 millóns de habitantes adherísonse á Unión Europea nesa data. Esta ampliación foi bautizada como o ‘big bang’ ao pasar a UE de quince a vintecinco Estados membros.

A continuación, figuran algunhas ideas sobre os temas que podes reflectir na túa fotografía, pero non esquezas que hai moitos máis:

– Como está a Unión Europea presente no meu día a día?

– Como afronta a UE os retos medioambientais e dixitais?

– Tiveches algunha experiencia de traballo noutro país da Unión Europea?

– Visitaches algún dos países da gran ampliación?

Comparte como de preto ves a Unión Europea no teu día a día: instalacións públicas, visitas culturais, actividades de aprendizaxe, transporte local, etc.

Toda obra debe incluír un símbolo representativo da Unión Europea.

Utilizarase o hashtag #CidadaniaEuropeaEnGalicia

4. Número de fotos

Cada persoa participante poderá presentar unha ou varias fotografías ou unha ou varias montaxes de fotografías. A fotografía ou fotografías serán orixinais, únicas e inéditas. Poderá(n) ser tomada(s) con cámara dixital, móbil ou outro dispositivo electrónico. A persoa participante poderá presentar varias fotografías de maneira independente ou en serie. Se son individuais deberán ter cada unha o seu formulario de participación. No caso de que se trate dunha serie, deberá sinalarse no formulario de participación.

No caso de que nas fotografías aparezan imaxes que permitan a identificación de persoas, será necesario que a persoa participante no concurso obteña o consentimento das persoas interesadas para a súa publicación. EUROPE DIRECT A Coruña e EUROPE DIRECT Lugo quedan exentos de calquera responsabilidade.

5. Formato e tamaño

A técnica de realización será libre. As fotografías deberán enviarse en formato PNG, cunha resolución mínima de 300 píxels/píxeles e un tamaño máximo de 20 megas.

6. Presentación dás fotografías

As fotografías deberán enviarse ao correo electrónico cidadaniaeuropeaengalicia@gmail.com acompañando o formulario de participación. 

As fotografías serán subidas automaticamente á páxina de Facebook do concurso.

7. Prazo de presentación

Poderás participar desde o 11/03/2024 ata o 11/04/2024, ás 14.00 h.

Non serán válidas en ningún caso as fotografías recibidas antes ou despois do devandito prazo, así como as que non cumpran todos os requisitos do concurso. Igualmente non serán válidas as participacións correspondentes a perfís fraudulentos.

8. Valoración e xurado

O xurado estará composto por 5 persoas: dúas en representación de cada EUROPE DIRECT organizador e unha persoa experta en fotografía.

Para a elección dás obras gañadoras teranse en conta os seguintes criterios:

-Adecuación á temática.

-Calidade.

-Orixinalidade.

-Mensaxe transmitida.

Ademais, valorarase a mensaxe europea, a presentación artística e a aplicación pedagóxica do seu contido.

9. Colaboración e difusión do concurso

O Centro de Estudos e Documentación Europea (CEDE) da Universidade de Santiago de Compostela colaborará na difusión deste concurso.

10. Data de publicación de persoas gañadoras

Os nomes das persoas gañadoras serán publicados na páxina web do concurso o día 18 de abril de 2024.

As persoas gañadoras deberán remitir a documentación requirida polos centros EUROPE DIRECT nos 3 días hábiles posteriores á comunicación co obxectivo de comprobar que reúnen os requisitos esixidos para a participación no concurso. No caso de que non sexa así, a persoa gañadora pasará a ser automaticamente a suplente 1 (elixida previamente polo xurado) e así sucesivamente.

11. Premios

Cada EUROPE DIRECT fará entrega de dous premios e haberá un total de 4 premios individuais a repartir. Os premios concederanse como figura a continuación:

– EUROPE DIRECT A Coruña:

1.º Premio: 1 Cámara de fotos

2.º Premio: 1 Tablet

– EUROPE DIRECT Lugo:

1.º Premio: 1 Cámara de fotos

2.º Premio: 1 Tablet

Cada persoa participante deberá indicar no formulario de participación o centro EUROPE DIRECT ao que presenta a súa fotografía.

Aos autores das fotografías premiadas notificaráselles a súa condición de gañadores a través da dirección de correo electrónico facilitada a efectos de comunicacións.

Os organizadores resérvanse o dereito para substituír os premios por outros de igual ou maior valor se algún ou todos os premios sinalados non estivesen dispoñibles por calquera motivo.

As persoas gañadoras poderán renunciar ao premio, pero, en ningún caso, poderán trocalo por outro distinto nin polo seu importe en metálico.

12. Entrega de premios

A entrega de premios realizarase nun acto o 9 de maio de 2024, coincidindo coa celebración do Día de Europa.

Informarase oportunamente ás persoas gañadoras do lugar e hora exactos. As persoas gañadoras deberán recoller o premio persoalmente ou ben a través da persoa que designen.

Se non fose posible poñerse en contacto coas persoas gañadoras nos 3 días hábiles posteriores á comunicación, a persoa gañadora pasará a ser automaticamente a persoa suplente 1 (elixida previamente polo xurado) e así sucesivamente.