Unha biotecnolóxica vallisoletana desenvolve un test que detecta o cancro de colon anos antes da súa aparición.
A principios do século XX únicamente se curaban o 5 % das persoas que sufrían cancro. Na actualidade, esta cifra elévase até o 60 % dos casos. E Amadix quere seguir mellorándoa.
A investigación científica está permitindo lograr grandes avances na loita contra o cancro. É o caso de Amadix, unha biotecnolóxica de Valladolid que, co apoio da Unión Europea, está consiguindo plantar cara ao cancro de colon.
Esta empresa desenvolveu ColoFast, unha innovación que podería alongar a vida de millóns de pacientes mediante un sinxela análise de sangue. Nel identifícanse os sinais preliminares que emite o tumor ofrecendo a oportunidade de frear a enfermidade coa suficiente antelación e, deste xeito, previr o cancro de colón até 15 anos antes da súa aparición.
Nun contexto como o actual no que nos enfrontamos a unha pandemia, ColoFast implica un gran avance xa que se trata dunha sinxela proba realizable, incluso, desde a casa. Ademais, Amadix, adianta a esperanza da súa dispoñibilidade ao longo deste mesmo ano.