El Parlamento quiere garantizar el derecho a desconectar del trabajo
Os eurodiputados piden protexer o derecho fundamental dos traballadores/as á desconexión y non ser contactados fóra do seu horario laboral.
As ferramentas dixitais aumentaron a eficiencia e a flexibilidade para empregadores e empregados, pero á súa vez crearon unha cultura de “dispoñibilidade constante”, na que os traballadores están accesibles fácilmente en calquera momento e lugar, incluso fóra do horario laboral. A tecnoloxía fixo posible o teletraballo e a Covid-19, xunto aos confinamentos domiciliarios, xeralizárono.
37% dos traballadores da UE empezaron a traballar dende a casa durante o confinamento
O teletraballo difumina a liña entre a vida privada e a profesional
Aínda que o teletrabajo salvou postos de traballo e permitiu que moitas empresas sobrevivisen á crise do coronavirus, tamén borrou a liña que distingue entre o privado e o profesional. Isto significou que moitas persoas traballen fóra do seu horario laboral habitual, prexudicando ao equilibrio entre a vida persoal e a laboral.
27% das persoas que traballan desde a casa traballaron durante o seu tempo libre
As persoas que traballan a distancia con regularidade teñen máis do doble de probabilidades de traballar máis das horas de traballo máximas establecidas na Directiva que as que non o fan.
A conexión ao trabajo sen descanso pode provocar problemas de saúde
O descanso é fundamental para o benestar. A conexión continua ao traballo ten consecuencias para a saúde. Sentarse demasiado tempo fronte á pantalla e trabajar demasiado reduce a concentración, provoca sobrecarga cognitiva e emocional e pode provocar dores de cabeza, cansancio ocular, fatiga, falta de sono, ansiedade ou esgotamento. Ademais, unha postura estática e os movementos repetitivos poden causar distensión muscular e trastornos musculoesqueléticos, especialmente en entornos de traballo que non cumplen cos estándares ergonómicos.
O Parlamento pide unha nova lei para a UE
O dereito á desconexión non está definido actualmente na lexislación da UE. O Parlamento quere dar o paso. O 21 de xaneiro de 2021, os eurodiputados pediron á Comisión que elaborara unha lei que permitise aos empregados desconectarse do traballo fóra do seu horario laboral, sen consecuencias, e que establecera estándares mínimos para o traballo a distancia.
O Parlamento sinalou que os contactos fóra das horas de traballo, e a ampliación das xornadas, poden aumentar o risco de que produzan horas extraordinarias non remuneradas, así como de ter un impacto negativo na saúde. Por iso, o PE pediu as seguintes medidas:
- Os empregadores non deberían exigir que os traballadores estén dispoñibles fóra do horario e os compañeiros de traballo deberían absterse de poñer en contacto entre eles por motivos laborais.
- Os países da UE deberían garantir que os traballadores que esixen o seu dereito á desconexión estén protexidos de repercusións negativas e que existan mecanismos para tramitar as queixas ou infracións sobre o mesmo.
- As actividades de formación profesional a distancia deben contarse como actividade laboral e non deben ter lugar durante horas extraordinarias ou días libres sen unha compensación axeitada.
A maioría dos países da UE regulan o teletrabajo, pero só cuatro (Bélxica, Francia, Italia e España) recoñecen o dereito á desconexión. Francia foi a primeira en 2016.