O Pacto Verde Europeo e máis aló! Participa coas túas preguntas
“Diálogos Cidadáns” é un evento en liña que se celebrará o 18 de decembro pola mañá entre as 11:00 e as 12:00 ao que acudirá o Comisario de Medio Ambiente, Océano e Pesca, Virginijus Sinkevičius.
Este tipo de encontro foi proposto pola Presidenta Von der Leyen con motivo de crear achegamentos de Europa aos cidadáns.
Estos diálogos son debates públicos nos que tamén hai unha ronda de preguntas e respostas brindando a oportunidade de expoñer cuestións aos políticos da UE e crear así o achegamento.
Por iso, Von der Leyen pide aos seus comisarios que participen en diálogos cos cidadáns, ca fin de fortalecer vínculos entre as persoas e as institucións, reducir a fenda entre as expectativas e a realidade e comunicar o que está facendo Europa.
Os principais temas que se tratarán serán en relación á carteira do comisario, enmarcados dentro do Pacto Verde Europeo, entre eles o emprego durante a transición ecolóxica, a economía circular e a neutralidade climática en 2050.
Polo tanto, o 18 de decembro tes unha cita co Comisario de Medio Ambiente, Océanos e Pesca Virginijus Sinkevičius, no evento convocado “Diálogos Cidadáns”, o día 18 de decembro de 11:00 a 12:00h.
O encontro será moderado por Elena Ochoa, Xornalista de Radiotelevisión Española.
Podes seguir o encontro no noso Facebook, Twitter e Youtube, ou na web.