Access2Markets. A nova plataforma da UE
O portal Access2Markets é un espazo virtual onde as empresas poden ter toda a información comercial necesaria sobre exportacións da UE, importacións á UE, tarifas, requisitos … Entre outras moitas cousas!
Esta plataforma está dirixida a grandes, pequenas ou pemes que precisan información para saber expandirse fóra das súas fronteiras e entrar no mercado europeo. Os usuarios atoparán información comercial, tutoriais ou preguntas máis frecuentes.
Nela podes atopar todo tipo de datos detallados sobre exportacións e importacións tanto dentro da Unión Europea como a países fóra deste territorio.
En tempo real, os usuarios poderán coñecer as actualizacións destes requisitos, novas dos acordos e regulamentos entre países, de xeito que a acción de compra e venda será moito máis rápida.
Tamén poderán notificar os obstáculos á hora de exportar desde a propia plataforma, para conseguir axuda específica da Comisión, en colaboración cos Estados membros da UE e as organizacións empresariais, e así poder abordalos con maior eficacia.
Ademais, Access2Markets ten unha ferramenta adicional dentro da propia páxina, chámase ROSA (Autoavaliación das Regras de Orixe).
É gratuíto e doado de usar. A súa función é facilitar a autoavaliación das regras de orixe tendo en conta o produto no marco dos acordos comerciais da UE con Centroamérica, parte de Asia e Canadá.
Entra na web Access2Markets