Xuntos na loita polos dereitos LGTBI+
A UE leva anos loitando polos dereitos da comunidade LGBTI +, con medidas para acabar coa discriminación e lograr a igualdade. Esta semana celebramos o Pride Week 2020, aínda que sexa virtual, recordando o que conseguimos e o que aínda temos que facer. Todo o mundo debe ser libre de querer a quen queira.
Dende a Unión Europea loitamos polos dereitos LGBTI con accións concretas coas que dicir NON á discriminación e lograr a igualdade en todos os países da UE.
Aínda temos un camiño por percorrer, pero percorremos un longo camiño: o 76% dos cidadáns europeos cren que as persoas gais ou bisexuais deberían ter os mesmos dereitos que os heterosexuais, isto é 5 puntos porcentuais máis que en 2015.
Que fixemos desde a UE?
1. Mellora dos dereitos a escala da UE
Un exemplo que o di todo: en 2018 a Xustiza Europea obrigou a todos os países da UE a recoñecer o matrimonio gay, para que aínda que nas súas lexislacións non sexa legal formalizar a unión entre dúas persoas do mesmo xénero, estas si que poidan residir como matrimonio dentro de todo o territorio comunitario. E melloramos da igualdade de trato e actualizado os réximes económicos das parellas internacionais. Ademais, propúxose a revisión da Directiva de servizos audiovisuais.
2. Maior vixilancia dos dereitos xa existentes
Vixiamos que os países da UE cumpran os dereitos de asilo, emprego, libre circulación, liberdade de xénero e dereitos das vítimas de discriminación. A UE tamén conta con instrumentos de apoio para as vítimas da discriminación.
3. Dar voz ao colectivo.
Mellorouse a comunicación e deuse voz a membros do colectivo LGBTI coa intención de coñecer os seus testemuños. Ademais, desde a Comisión Europea participouse de forma activa na celebración do Europride
4. Apoio aos actores chave para conseguir a igualdade das persoas LGBTI
Esíxese o cumprimiento dos dereitos das persoas LGBTI aos países da UE, refórzanse as súas políticas de igualdade e apóianse iniciativas da sociedade cívica (incluida financiación a través do programa Dereitos, Igualdade e Cidadanía).
5. Recollida de datos e realización de informes
Para dar mostras da realidade da sociedade en cifras recollemos datos no Eurobarómetro sobre a discriminación, ralizamos enquisas por parte da Axencia dos Dereitos Fundamentais da UE e facilitamos manuais de datos sobre igualdade, así como Estudos sobre o fomento da tolerancia e as desigualdades en materia de saúde.
6. Loita pola igualdade fóra da UE
A UE tamén traballa para conseguir a igualdade total a nivel mundial, con directrices en materia de dereitos humanos, diálogos que fomentan a igualdade e accións conxuntas con Naciones Unidas e outras organizacións.
España, entre as máis concienciadas
O noso país, ademais, é un dos máis abertos. En concreto, é o terceiro máis concienciado. Até un 91% dos españois pensa que os derechos deberían ser os mismos para todos. Por diante, só están Suecia e Países Baixos.
O 72% dos europeos opina que non hai nada malo en ter unha relación cunha persoa do mismo sexo, mentras que o 69% cre que se debería permitir o matrimonio homosexual en todo o continente.
En España, a gente que pensa así é un 89% e un 86%, respectivamente. Isto convértenos nun dos primeiros países. Ademais, somos o país con máis persoas de acordo (un 83%) en que alguén transxénero poida cambiar a súa documentación.
A pesar disto, os cidadáns cren que a orientación sexual é a principal causa de discriminación (até un 53%). Por iso, todas as instituciones europeas traballamos para cambialo.
Tamén te pode interesar esta páxina con máis información sobre os dereitos LGTBI.