A UE leva 30 anos mellorando a saúde no noso país
Sabías que a Unión Europea leva máis de tres décadas intentando facer un sistema de saúde mellor en España? Queres saber como? Contámoscho a continuación!
Desde fai máis de 30 anos, a Unión Europea inviste en miles de proxectos para mellorar a sanidade en España. E estos avances están axudando hoxe a combater a pandemia da COVID-19.
Estas inversións realizáronse grazas á política de cohesión. Entre o 2014 e o 2020, o noso país recibiu 373 millóns de euros da Unión Europea que foron á mellora de infraestruturas e equipo médico.
Por exemplo, a Unión Europea contribuiu á ampliación do Hospital Universitario de Guadalaxara ou ao equipamento do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
Unha sanidade máis dixital
Sabías que a Unión Europea tamén traballa por dixitalizar o sector sanitario? A UE potencia o uso das novas tecnoloxías no nosos sistema de saúde con iniciativas como a receita electrónica, por exemplo.
Tamén desenvolveu novas ferramentas que fan que, tanto nós coma os profesionais, poidamos acceder ao noso historial clínico ou que a atención a enfermos crónicos sexa más eficiente.
Queres saber que máis fai a UE por nós? En What Europe does for me podes consultar moitos dos proxectos que desenvolve na túa zona