Europa cos cidadáns chega a Lugo
Atención a todas as corporacións locais e rexionais, asociacións, fundacións, Ong e outras entidades sen ánimo de lucro. Isto interésavos
O Punto Europeo de Ciudadanía (Ministerio de Cultura y Deporte) en colaboración co Centro Europe Direct Lugo do Concello de Lugo organiza unha xornada informativa sobre as convocatorias abertas do programa «Europa cos Cidadáns».
«Europa cos Cidadáns», financia proxectos de dimensión europea relacionados coas seguintes liñas e convocatorias:
Memoria histórica europea
Irmandamento de cidades
Redes de cidades
Proxectos da sociedade civil
Contaremos cun caso práctico de irmandamento, concretamente do proxecto «Contributing a more solidary Europe», liderado polo Concello de Cabanas.
Martes 21 de xaneiro
CEI NODUS. Av. da Coruña, 500
Inscricións: https://cutt.ly/Crj6sPu