A Comisión abre unha nova edición do Monitor das Cidades Culturais e Creativas correspondente a 2019
A Comisión Europea publicou a segunda edición do seu Monitor das Cidades Culturais e Creativas, unha ferramenta deseñada para servir de valor de referencia e estimular o potencial creativo e cultural das cidades europeas, que é vital para impulsar o crecemento económico e a cohesión social. Tras o éxito da primeira edición de 2017, a versión de 2019 ofrece un panorama actualizado da riqueza cultural e creativa de Europa nunha mostra ampliada de 190 cidades de trinta países, incluidas Noruega e Suiza. O Monitor foi creado polo Centro Común de Investigación, o servizo de ciencia e coñecemento da Comisión, e vai acompañado dun instrumento en liña modernizado que permite ás cidades engadir os seus propios datos para unha cobertura e uns parámetros comparativos máis detallados.