O CEI Nodus asesorará de xeito personalizado ás e aos emprendedores nas áreas de márketing e social media

O concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Mauricio Repetto, anunciou o programa, o primeiro que desenvolverá coa Fundación INCYDE

O programa, que beneficiará a 20 persoas, está cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo, ten un orzamento de 45.000€

As inscricións que serán atendidas baixo rigorosa orde de entrada.

___________________

O Concello de Lugo firma por vez primeira un convenio coa Fundación INCYDE (Instituto Cameral para a Creación e Desarrollo de la Empresa). Mauricio Repetto, concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego presentou ademáis esta mañá o primeiro programa baixo o título, “Social Media, Markenting Dixital e Emprendemento” que terá lugar no Cei Nodus a partir do 6 de outubro.

O programa está cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo, ten un orzamento de 45.000€, dos que o 80% son achegados pola Fundación Incyde a través da subvención do FSE ( Fondo Social Europeo) e o 20 % restante son fondos propios do Concello de Lugo. 

O programa está enmarcado dentro dun Programa Operativo de Formación e Emprego ( POEFE) cofinanciado polo Fondo Social Europeo para o período 2014-2020. 

Mauricio Reppeto di que “este programa, que impulsou a área de Desenvolvemento e Emprego, é unha aposta polo emprendemento e a consolidación empresarial e servirá para completar outras actuacións que neste sentido ven desenvolvendo desde hai tempo o Goberno de Lara Méndez”.

O programa -un mínimo de 20 participantes-, está dirixido preferentemente a persoas desempregadas interesadas en optimizar e especializarse en competencias do márketing, emprendedores e emprendedoras que conten cunha idea de negocio e desexen realizar un proxecto viable de creación de empresa para a súa posterior posta en marcha, así como empresarios e empresarias do sector que queiran mellorar a competitividade das súas empresas e facelas crecer grazas ás técnicas e oportunidades do márketing dixital e as redes sociais. “Os participantes recibirán formación e unhas titorias personalizadas adaptadas as súas necesidades” destacou o concelleiro. 

O programa baixo o título, “Social Media, Markenting Dixital e Emprendemento” terá unha duración de 6 semanas. 

As inscricións, que serán atendidas baixo rigorosa orde de entrada, poderán realizarse a través do correo electrónico: norman.veiga@concellodelugo.org

O obxectivo fundamental do curso é proporcionar unha visión global das distintas áreas funcionais da empresa para poder determinar oportunidades de mercado e desenvolver o Plan de Empresa ou Plan de Mellora, sempre coa axuda das ferramentas de xestión para favorecer a súa posta en marcha.

Audio