Financiación para participar no #EYE2020

Do 29 ao 30 de maio de 2020 en Estrasburgo, a cuarta edición de EYE reunirá a miles de mozos para dar forma e compartir as súas ideas sobre o futuro de Europa.

Queres partiticpar en #EYE2020 e precisas financiación? Convocatoria de axudas para participar no European Youth Event: bit.ly/2JIQKgH

Data límite para solicitar financiación: 15 de outubro de 2019

European Youth Event (EYE2020): unha oportunidade única para a mocidade
Cada dous anos, o Evento Europeo da Mocidade reúne miles de mozos de toda a Unión Europea e máis alá para compartir e dar forma ás súas ideas sobre o futuro de Europa. É unha oportunidade única para que os mozos se coñezan e se inspiren entre eles e os que toman decisións xusto no corazón da democracia europea.

Tras o evento, as ideas, inquietudes e esperanzas dos mozos preséntanse nun informe distribuído a todos os membros do Parlamento Europeo (eurodeputados). Algúns participantes tamén poderán desenvolver as ideas máis impactantes e presentalas directamente aos membros do Parlamento Europeo nas comisións parlamentarias durante as “Audiencias da Mocidade”.