As redes de información europea en Galicia e Norte de Portugal celebran, o vindeiro9 de maio, unha xornada sobre crecemento e emprego no ámbito da economía circular

Un foro que permitiráintercambiar experiencias e boas prácticas no ámbito da economía circular que se desenvolven no noroeste peninsular, así como dar a coñecer as vantaxas económicas para unha empresa circular.

Europe Direct Lugo, centro de información oficial da Comisión Europea pertencente ao Concello de Lugo, colabora na organización da xornada “Economía Circular: Crecemento e emprego en Galicia e Norte de Portugal”, unha iniciativa conxunta das Redes de Información Europea presentes en Galicia e no Norte de Portugal.

Na xornada participarán distintos relatores tanto do mundo académico e institucional como empresarial, que achegarán unha visión de conxunto, desde diversos enfoques e perspectivas, sobre a economía circular como un espazo de grandes oportunidades de desenvolvemento e emprego.

Entre os relatores participantes atópase a representante do Ministerio do Mar de Portugal, representantes da Universidade de Minho, da Universidade de Vigo e da Universidade Santiago de Compostela, así como os coordinadores de proxectos exitosos no ámbito da economía circular. A continuación, as empresas poderán intercambiar a súa experiencia nun espazo de mostras no que reforzar a colaboración transfronteiriza en rede. 

A xornada está dirixida a representantes das entidades locais, empresas e asociacións de Galicia e Norte de Portugal, así como ao público interesado. Terá lugar o vindeiro 9 de maiono salón de actos da Confederación de Empresarios de Galicia en Santiago de Compostela. 

Para inscrición ou información adicional, contacte a

EuropeDirect-Lugo@concellodelugo.org