A nova PAC poñerá o acento nas mulleres, o desenvolvemento rural e o medio ambiente

A comisión de Agricultura do PE deu o seu visto bo a un paquete de propostas que pretenden mellorar a Política Agrícola Común (PAC) para o período 2020-2027, e cumrir así coas expectativas de agricultores e consumidores europeos.

Os eurodiputados someteron a votación, en tres sesións diferentes, tres informes que recollen a súa postura sobre a reforma da PAC, que será votada definitivamente o próximo outono.

Novas normas para as OCM

O primeiro informe céntrase nas novas normas da UE para a organización común dos mercados (OCM) nos produtos agrícolas despois do 2020. Segundo os deputados, mellorar a transparencia dos mercados e estar mellor preparados para posibles turbulencias. un observatorio único na UE para os mercados agrícolas, que se centraría nunha ampla gama de sectores, incluíndo cereais, azucre, aceite de oliva, froitas e verduras, viño, leite e carne. O observatorio debe recoller datos estatísticos sobre produción, subministración, prezos, beneficios, importacións e exportacións, e emitir avisos tempranos de interrupción do mercado.

Os eurodiputados tamén desexan ampliar a rede de seguridade do mercado permitindo a intervención pública para novos produtos, como o azucre branco, a carne de ovella, a carne de porco e o polo.

Tambén apostan por controis máis estrictos dos produtos xeográficamente protexidos.

Respecto á vide, a comisión parlamentaria considera que o plan de autorización de plantacións de vide, establecido en 2016 ata finais de 2030, debería prolongarse ata 2050. As etiquetas dos viños deberían incluír ademais a declaración nutricional do produto, ou polo menos o seu valor enerxético, e a lista de ingredientes, ou o enlace directo ao lugar onde se pode encontrar a lista.

Os eurodiputados respaldaron a proposta da CE de incluír viños sen alcohol na categoría de produtos de vide, pero insistiron en que non deberían beneficiarse da protección de DOP, IGP e TSG.

Apoio ao medio ambiente, mozas e mozos agricultores e muller rural

Outro dos informes aprobados sobre a reforma da PAC céntrase nas novas reglas xerais da UE para pagos directos e desenvolvemento rural despois de 2020.

Os ecosistemas voluntarios, que se incluirán nos plans estratéxicos nacionais, deben apoiar non só as prácticas beneficiosas para o medio ambiente e o clima, senón tamén para o benestar animal. A comisión de agricultura solicita que se elabore un catálogo de boas prácticas.

Os eurodiputados queren adicar polo menos o 30% do presuposto de desenvolvemento rural a medidas relacionadas co medio ambiente e o clima, e non menos do 20% do presuposto de pagos directos aos programas ecolóxicos.

Tamén se aposta por limitar os pagamentos anuais directos a agricultores de renda alta. benefician aos pequenos e medianos agricultores e tamén aos mozos agricultores. Tamén se apoiarán medidas específicas para promover unha maior inclusión e participación das mulleres nas economías rurais e utilizar o financiamento do desenvolvemento rural para este fin.

Os deputados están de acordo co plan da Comisión de forzar a todos os estados membros a establecer servizos de asesoramento agrícola para informar aos agricultores sobre todos os requisitos e condicións relativas ás subvencións, formas de evitar a resistencia antimicrobiana e a dispoñibilidade de apoio á innovación e ás tecnoloxías dixitais.

Segundo a eurodiputada española Esther Herranz (PPE), poñente dun dos informes, “tratei de lograr un equilibrio entre o apoio aos agricultores e a protección do medio ambiente. A arquitectura verde fortaleceuse, poñendo un maior énfase nun enfoque baseado en incentivos. Propúxose unha distribución máis xusta dos pagos para apoiar ás pemes agrícolas”.

Unha bolsa orzamentaria extra para momentos de crises 

O terceiro informe aprobado sobre a reforma da PAC reflicte a necesidade de existir unha reserva para axudar aos agricultores en tempos de fluctuacións de prezos ou inestabilidade no mercado. Debería financiarse como complemento aos pagamentos directos da PAC e ao financiamento do desenvolvemento rural. O seu orzamento inicial debe ser de 400 millóns de euros, ao que se poderían engadir máis fondos cada ano, así como calquera diñeiro que quedase do ano anterior, ata os 1.500 millóns de euros. Se isto non é suficiente, debería activarse o chamado mecanismo de disciplina financeira, que reduce os pagamentos directos aos agricultores, pero só como último recurso e excluíndo os primeiros 2.000 euros de pagamentos.

Do mesmo xeito, o terceiro informe aprobado pola comisión de agricultura propón que se os beneficiarios non cumpran os requisitos legais sobre o medio ambiente, o benestar dos animais ou a calidade do alimento, deberían perder o 10% da axuda (en comparación co 5% actual). Os beneficiarios seguirán perdendo o 15% do importe ao que teñen dereito se rompen deliberadamente a regra.

Próximos pasos

Os tres textos aprobados polos deputados do Comité de Agricultura deberán ser debatidos e votados definitivamente polo Pleno despois das próximas eleccións europeas o 26 de maio.