O obxectivo global de Europe Direct-Lugo é ofrecer información sobre as prioridades de comunicación da Comisión, participar en debates e discusións cos cidadáns seguindo a axenda europea nun contexto nacional, rexional e local promovendo a cidadanía europea activa e contribuír ó desenvolvemento dun espazo público europeo.
Como obxectivos específicos:
- Fomentar os intercambios, o diálogo, e o entendemento entre as institucións europeas, a opinión pública local, a sociedade civil lucense organizada e determinados públicos especializados a escala europea nacional, rexional e local.
- Facilitar ós cidadáns un diálogo máis aberto, no que podan expresar a súa opinión para influír no proceso de toma de decisións a escala da UE.
- Fomentar a participación da sociedade civil na vida democrática europea, especialmente habilitando canles para os mozos e as mozas e a comunidade escolar co fin de constituír unha cidadanía europea activa.
- Abrir á cidadanía a axenda das institucións europeas para contribuír ó proceso de elaboración das políticas engadindo valor ó proceso lexislativo na UE.
- Integrarse activamente nas redes que teñan entre os seus obxectivos fomentar o diálogo e o debate sobre Europa.