Rede Eures


EURES (EURopean Employment Services), é unha rede de cooperación para o emprego e para a libre circulación de traballadores, un dos principios fundamentais da Unión Europea (UE), como queda indicado nos artigos correspondentes do Tratado que crea a Comunidade europea.

A Rede EURES foi creada no 1993 por Decisión da Comisión europea, (substituída pola Decisión da Comisión de 23 de decembro do 2002) para facer posible a libre circulación de traballadores no marco do Espazo Económico Europeo. EURES pon en relación á Comisión europea cos servizos públicos de emprego dos países do Espazo Económico Europeo (países membros da UE, máis Islandia, Noruega e Liechtenstein), con Suíza e con outros organismos.

A rede inclúe ós membros EURES (Servizos públicos de emprego e Comisión europea), as asociacións transfronteirizas e outros socios EURES (asociacións de traballadores, organizacións patronais, universidades, e outras institucións locais e rexionais), todos elos interesados nas cuestións relacionadas co emprego.

O obxectivo da Rede EURES é prestar servizos ós traballadores, ós empresarios, e a calquera cidadán que desexe beneficiarse do principio da libre circulación de persoas, proporcionando información e asesoramento sobre ofertas e demandas de emprego, situación e evolución do mercado de traballo e sobre condicións de vida e traballo de cada país.

Na procura de emprego: facilita a mobilidade e colocación dos traballadores, podendo acceder ás ofertas de emprego que se presenten en calquera dos países que a compoñen.

Na procura de traballadores: posibilita ó empresario a contratación de traballadores en calquera Estado membro, elevando así o nivel do seu persoal, mellorando os seus produtos e ampliando as súas actividades.
En calquera dos casos: proporciona información das cuestións prácticas e legais que se podan presentar.

Lexislación EURES.

Tratado constitutivo da Unión Europea , artigos 3, 48 y 49, concernentes á libre circulación de traballadores (versión 7 de febreiro de 1992).
Regulamento 1612/68 (pdf – 260 KB.) do 15 de outubro do 1968, relativo á libre circulación dos traballadores dentro da Comunidade. Texto consolidado polas modificacións establecidas polos Regulamentos (CEE) nº 312/76 e 2434/92.
Decisión da Comisión (pdf – 109 KB.) do 23 de decembro do 2002 , pola que se aplica o regulamento (CEE) do Consello 1612/68, polo que se refire á posta en relación e a compensación das ofertas e demandas de emprego.

Carta EURES (pdf – 104 KB.) do 3 de maio do 2003.

Información sobre Servizos Eures.

• Información xeral. 
• Servizos dispoñibles. 
• Servizos a Demandantes de Emprego. 
• Servizos a Empregadores.

¿Ónde solicitar os servizos da rede?

O Sistema Nacional de Emprego está integrado polo Servizo Público de Emprego Estatal, e os Servizos Públicos de Emprego das Comunidades Autónomas. Tamén ofrecen servizos de emprego as Diputacións provinciais e os Concellos.