Europa e o emprego


A responsabilidade da política de emprego e asuntos sociais corresponde fundamentalmente aos gobernos nacionais. O financiamento da UE apoia e complementa os seus esforzos.

Para contrarrestar as consecuencias do envellecemento da poboación, a política social e de emprego da UE apunta a:

  • facilitar a transición dos estudos á vida laboral
  • facilitar a procura de emprego
  • modernizar os réximes de seguridade social
  • facilitar aos traballadores a libre circulación na UE
  • reducir a pobreza
  • protexer ás persoas con discapacidade.

Así mesmo, a UE:

  • coordina e supervisa as políticas nacionais
  • anima aos Estados membros a intercambiar boas prácticas en materia de integración social, pensións e loita contra a pobreza
  • apoia a formación, a capacitación e o emprendemento
  • lexisla e supervisa a aplicación da normativa en ámbitos como os dereitos dos traballadores, a discriminación no traballo e a coordinación dos réximes de seguridade social.

http://ec.europa.eu/growthandjobs/index_es.htm