X CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “CIDADANÍA EUROPEA EN GALICIA”

EUROPE DIRECT A Coruña e EUROPE DIRECT Lugo, centros oficiais de información da Comisión Europea, convidan as persoas residentes en Galicia maiores de idade a participar no X Concurso de Fotografía Cidadanía Europea en Galicia: “Unha viaxe pola Unión Europea”.

Con motivo da súa décima edición, o Concurso de Fotografía Cidadanía Europea en Galicia quere facer unha viaxe pola Unión Europea, aproveitando que este ano 2023 celébranse dous aniversarios crave:

  • 30 anos do Mercado Interior: O mercado interior da Unión Europea é un mercado único no que circulan libremente os bienes, os servizos, o capital e as persoas, e dentro do cal os cidadáns europeos poden vivir, traballar, estudar ou facer negocios con liberdade.
  • 5 anos de DiscoverEU: DiscoverEU é unha acción do programa Erasmus+ que ofrece aos mozos de 18 anos de idade a oportunidade de viaxar por toda Europa.

Envíanos a túa fotografía e comparte connosco a túa viaxe pola Unión Europea!

Toda obra debe incluír un símbolo representativo da Unión Europea.

PARTICIPA neste concurso e GANA un fantástico premio!!

BASES

FORMULARIO DE PARTICIPACIÓN