Enquisa material didáctico da UE
A Comisión Europea participa activamente na comunicación con nenas/os e adolescentes sobre o que é a Unión Europea (UE) e o que fai. Porén, sempre é posible mellorar e esta é a razón pola que se desenvolveu a ENQUISA, como parte dun estudo xeral no que se examina a xuventude de entre 5 e 18 anos, as súas expectativas e as canles preferidas para materiais e actividades sobre a UE.
Sobre a base das valiosas observacións das persoas que cubran a enquisa, este estudo evaluará a eficacia dos materiais e as actividades da Comisión sobre a UE para a xente de 5 a 18 anos e propoñerase formas de melloralos.
A enquisa é totalmente anónima e facela leva entre 10 e 15 minutos. Ten preguntas tanto para nenas/os como para adolescentes, así como para os profesionais e axentes multiplicadores que traballan con eles.
En consonancia coa normativa nacional, a veces esíxese o consentimento parental para que os menores de 18 anos participen en investigacións. Se tes menos de 18 anos, solicita o consentimento de teus pais antes de participar nesta enquisa.
Grazas de anteman pola súa axuda. A súa opinión impórtanos.