Consulta pública sobre o futuro FSE+ en España
O futuro do Fondo Social Europeo+ (FSE+) estase debatendo agora mesmo a nivel nacional: o principal instrumento europeo que apoia á creación de emprego, axuda ás persoas a conseguir mellores postos de traballo e garantiza oportunidades laborais máis xustas para todos.
A autoridade de xestión do FSE+ en España lanzou unha consulta pública sobre o periodo 2021-2027 coa intención de animar a entidades e cidadáns a participar.
Tras un proceso de diálogo con representantes do sector público estatal, autonómico e local, o sector privado, o terceiro sector e as organizacións empresariais e sindicais más representativas, elaborouse un documento estratéxico de análise das aportacións recibidas. O contido deste documento identifica as prioridades en materia de emprego, educación, inclusión social e loita contra a pobreza, e constitúe o punto de partida para o deseño do futuro FSE+ en España.
O proceso de consulta pública lanzado pola autoridade de xestión do FSE+ permite a calquera interesado de formular por escrito aportacións ou observacións que considere oportunas respecto ao contido do Documento Estratéxico FSE+ 2021-2027. O prazo establecido para o envío de aportacións é entre o 27 de outubro e o luns 30 de novembro.
Manda a túa contribución a: fse2021-2027@mitramiss.es