DESCARGA A APP LUGO+BIO

O LIFE Lugo + Biodinámico , financiado con fondos europeos, quere que o leves de vacacións contigo.
Para iso desenvolveron unha app descargable tanto para dispositivos iOS como para Android. Trátase de LUGO+BIO, unha app na que poderás consultar toda a información relativa ao proxecto LIFE dende calquera lugar, accedendo de xeito sinxelo. 

Esta aplicación é unha versión móbil da nosa web na que atoparás toda a informaciónactualizada do proxecto, o calendario de actividades que se desenvolverán no futuro e, o máis importante, poderás consultar a calidade do aire da cidade, dato moi relevante nos tempos nos que vivimos. 

A APP está dispoñible nos tres idiomas do proxecto, galego, castelán e inglés, e ten como obxectivo principal continuar divulgando o labor e as accións do LIFE Lugo + Biodinámico, tamén dende os nosos dispositivos electrónicos.