Así traballamos na UE por un turismo seguro

Queres saber como traballamos para garantir que podes viaxar con seguridade na UE? Sabías que temos unha plataforma con información en tempo real de cada país? Contámosche todo aquí.

O turismo é unha parte esencial da nosa economía e das nosas vidas, pero na UE chega primeiro a seguridade das persoas. É por iso que, desde a Comisión Europea traballamos para que poida viaxar polo noso continente da mellor forma.

Apoio a cidadáns e empresas

Desde o 18 de marzo, publicamos directrices para protexer os dereitos dos pasaxeiros. E xa o 13 de maio, presentamos as recomendacións para que aos poucos cada país aumentase os permisos.

Dende a UE tamén apoiamos aos sectores máis afectados pola COVID-19, como o do transporte. O 29 de abril, a Comisión adoptou un paquete de medidas para axudar a estas empresas.

Seguridade e control sanitario

Para a reactivación segura do turismo, contamos cunhas normas comúns. Desta forma, os hoteis e aloxamentos deben seguir uns protocolos sanitarios axeitados.

Dentro destes, inclúese, por exemplo, o rastrexo, a vixilancia e o control de contactos. Para que o turismo sexa seguro debe existir un sistema sanitario capaz de abastecer á poboación local e aos viaxeiros.

O transporte é unha parte fundamental da viaxe. Por este motivo, establecemos consellos para cada medio e recomendacións prácticas, como a limitación de contactos ou o uso de protección individual, como as máscaras.

Tamén é importante que todos os países teñan os equipos, medicamentos e produtos sanitarios necesarios. Dende a UE temos garantida a subministración cunha extensa rede de transporte de mercadorías.

Ademais, o control das fronteiras debe ser coordinado a nivel europeo. Xa o pasado 16 de marzo publicamos as orientacións necesarias para levar isto a cabo.

Re-open EU, a nova plataforma web de axuda a turistas

15 de xuño lanzamos Re-open EU, a plataforma que todo viaxeiro necesita para planificar as súas viaxes e as súas vacacións. Nela, atoparás toda a información sobre o turismo na UE.

Por que é tan útil? Re-open EU é imprescindible porque conta con datos en tempo real sobre fronteiras, medios de transporte ou restriccións de viaje. Ademais, nesta web poderás coñecer todas as medidas de seguridade e saúde pública.

Esta plataforma é unha referencia para todo o que queira viaxar pola UE. A través dun mapa interactivo, o viaxeiro poderá consultar información de cada un dos nosos países.

Ademais, a web é accesible para todos, xa que está dispoñible en 24 linguas oficiais da UE. E pode consultarse desde calquera dispositivo. A que agardas para descubrila?