Día Internacional da Muller 2020: 25 aniversario da Declaración de Beijing

Para o Día Internacional da Muller deste ano, o Parlamento Europeo celebra o 25 aniversario da Declaración de Beijing sobre a igualdade de xénero.

Que é a Declaración de Beijing?
En 1995, a 4ª Conferencia Mundial da ONU sobre a muller adoptou unha resolución para potenciar o empoderamento da muller en todo o mundo. Establece obxectivos estratéxicos para acadar a igualdade de xénero en 12 áreas, incluida economía, violencia contra as mulleresmulleres no poder e mulleres e o medio ambiente.


Lea máis sobre a loita do Parlamento pola igualdade de xénero.

Eventos no Parlamento

Para conmemorar o aniversario da Declaración e Plataforma de Acción de Beijing, a comisión de Dereitos da Muller e Igualdade de Xénero do Parlamento organiza un evento, o xoves 5 de marzo. A atención centrarase en dúas cuestións:

  • Beijing 25+: próximos pasos cara a “Xeración Igualdade”, que analizará a situación das mulleres na economía, o espírito empresarial das mulleres, así como as fendas de xénero nos salarios e as pensións.
  • Liderazgo das mulleres na loita pola xustiza climática. Lea máis sobre a definición e as causas da fenda salarial de xénero.

O presidente do PE, David Sassoli, inaugurará o evento, que estará presidido pola presidenta da comisión parlamentaria de Dereitos da Muller e Igualdade de Xénero, Evelyn Regner.


Siga o evento en internet o 5 de marzo, de 9.00 a 12.30, hora peninsular española.

Tamén pode seguir un seminario para periodistas sobre igualdade de xénero o mércoles 4 de marzo, que se centrará en:

• Empoderar ás mujeres: negocios, emprendemento, fenda salarial
• O papel da muller na loita contra o cambio climático.
• Violencia contra a muller: os pasos cara a adhesión da UE ao Convenio de Estambul

Sesión da Comisión da ONU sobre a Condición da Muller
Unha delegación da comisión de Dereitos da Muller e Igualdade de Xénero asistirá á 64ª sesión da Comisión da Condición Xurídica e Social da Muller,en Naciones Unidas, que se celebrará do 9 ao 20 de marzo en Nova York e centrarase no progreso da implementación da Declaración de Beijing. O Parlamento enunciou as súas prioridades para a igualdade de xénero.


Máis información sobre o Parlamento e os dereitos das mulleres: