#EUCancerPlan: Loitemos por máis

A Unión Europea colabora mediante financiamento e herramientas coa loita contra o cáncer, ademais, a Comisión Europea presidida por Ursula von der Leyen clasificou esta batalla como unha das prioridades no ámbito da saúde para os próximos anos.

O 4 de febreiro celébrase o Día Mundial contra o cancro e ao redor de todo o planeta lévanse a cabo accións para destacar a importancia da loita contra esta enfermidade que acaba coa vida de miles de persoas cada ano.

Ademais, este día tamén se aproveita para recoller fondos para a tan necesaria investigación para atopar novos tratamentos que cheguen a frear a enfermidade. Asociacións, colectivos e institucións, tanto públicas como privadas únense para impulsar a innovación e a búsqueda de novos métodos de loita contra o cancro.

O cancro é a segunda causa de mortalidade na Unión Europea, tan só por detrás das enfermidades cardiovasculares, ademais non só afecta á sanidade dos países, senón que tamén é un factor que inflúe na sociedade mediante a produtividade e o crecemento económico.

Estímase que ao redor do 40% dos cidadáns e cidadás europeas deberán enfrontarse a un cancro ao longo da súa vida, o que significa que para o ano 2035 os casos dentro da UE serán o dobre con respecto á actualidade.

Estos datos reclaman unha serie de medidas e inversións que a Comisión Europea escoitoi, e é por eso que a nova comisión, presidida por Úrsula von der Leyen, situou a loita contra o cancro coma unha das súas prioridades para esta lexislatura que chegará ata 2024.

Para estes catro anos, a Comisión Europea vai presentar un plan de actuación, o Plan Europeo contra o Cancro, que ademais, será presentado o día 4 de febreiro, coincidiendo co Día Mundial da loita contra o cancro por Stella Kyriakides, a nueva comisaria de Saúde da CE. Así mesmo, ese día realizarase un acto na sede do Parlamento Europeo de Bruxelas baixo o título “Europe’s Beating Cancer Plan: Let’s Strive for More”.

Segundo a presidenta da CE, Ursula von der Leyen, este plan levarase a cabo coa finalidade de “axudar aos países a mellorar o control e o coidado do cancro” e con dous obxectivos: Reducir o sufrimiento que xera esta enfermidade e que Europa se converta en protagonista da loita contra o cancro.

Plan Europeo da loita contra o cancro

A nova CE estableceu certas prioridades para o seu mandato durante os próximos cinco anos, e a creación do Plan Europeo da loita contra o cancro e a súa posta en funcionamiento para impulsar esta batalla global é unha delas.

Os catro piares deste plan serán:

  • A prevención
  • O diagnóstico precoz
  • O tratamento
  • O seguimento asistencial

Ademais, contará co apoio dos países que forman a Unión Europea, o resto de institucións europeas e irá vinculado a outras prioridades da CE, e por exemplo a partir de 2021 o cancro convertirase nunha das misións europeas de investigación e innovación dentro do programa Horizonte Europa.

A Comisión Europea desde fai décadas apoiou, coordinando e reforzado as actuacións dos países que forman a UE cara a loita contra o cancro traballando codo con codo coa Organización Mundial da Saúde, o Centro Común de Investigación e o Centro Internacional de Investigaciones sobre o Cancro.

Non obstante, con este novo plan o que se pretende é priorizar a loita contra o cancro tendo en conta a todas as partes implicadas, dende a industria, os pacientes e os profesionais da saúde, ata políticos, ONG, asociacións, superviventes da enfermidade, familiares, científicos, etc.

Ademais, irá enfocado a mellorar a vida dos pacientes durante todas as fases da enfermidade; mellorando os métodos de prevención e mellorando a calidade e o estilo de vida das persoas, avanzando nos diagnósticos e nos tratamentos grazas á investigación, aumentando a calidad de vida dos supervivintes e progresando nos coidados paliativos.

O obxectivo deste plan, ademáis de mellorar a vida dos pacientes será reducir os datos de mortes a causa do cancro cada ano e conseguir atopar o xeito de poder facer fronte a esta enfermidade e que cada ano poidan sobrevivir máis pacientes que o ano anterior grazas aos avances conseguidos.

Que fai a UE na loita contra o cancro?

A Unión Europea traballa para encontrar novos tratamentos que melloren a calidade e a esperanza de vida dos pacientes con cancro, pero tamén investiga novos métodos de detección precoz e posibles xeitos de prevención, segundo cada tipo de cancro.

Para iso, é necesaria unha gran financiación, por iso, para o periodo 2021-2027 estas investigacións recibirán parte dos fondos do programa Horizonte Europa, que conta cun orzamento de 100 000 millóns de euros.

Numerosos traballos de innovación relacionados co avance da loita contra o cancro están sendo xa financiados con fondos europeos, entre eles moitos proxectos iniciados por investigadores particulares, pemes e científicos que cada día estudan de que xeito poden conseguir novos tratamentos.

Nun dos tipos de cáncer que máis se están conseguindo avances é no de mama. Na última década a mortalidade por este tipo de cancro descendeu nun 12% na Unión Europea e foi grazas aos avances que se foron conseguindo nestes últimos dez años.

Entre estes, destacan tecnoloxías moi innovadoras como ONCOscanner, unha sonda que permite localizar o tecido cancerígeno durante as intervencións quirúrxicas que permite conservar o tecido sano e actuar sobre o tecido dañado dun xeito máis directo. Isto, ademais de mellorar a eficacia da operación, abarata os custos e supón unha recuperación máis rápida para o paciente, tanto a nivel físico como psicolóxico.

Coma este hai moitos máis proxectos financiados pola UE e nos que miles de persoas adican a súa vida para conseguir facer fronte a unha enfermidade que mata a máis dun millón de persoas en Europa cada ano.