Mozos/as agricultores: 1.000 millóns EUR para facilitar o acceso á financiación
A Comisión Europea e o Banco Europeo de Inversións (BEI) lanzou hoxe un paquete de préstamos por valor de 1 000 millones EUR destinado de xeito específico aos mozos e mozas agricultores. En 2017, o 27 % das solicitudes de préstamos presentadas aos bancos pola xuventude agricultora da Unión foron rexeitadas, fronte ao 9 % das presentadas por outras explotacións.
O obxectivo do paquete por valor de 1 000 millóns EUR anunciado polo comisario de Agricultura, Phil Hogan, e o vicepresidente do BEI, Andrew McDowell, é que os agricultores da UE, en especial as mozas e mozos, teñan máis acceso á financiación.
Phil Hogan, comisario de Agricultura e Desenvolvemento Rural, declarou o seguinte: «O acceso á financiación é esencial e a miúdo constitúe un obstáculo para a xuventude que quere empezar nesta profesión. O 11 % dos agricultores europeos ten menos de corenta años, de modo que o apoio aos mozos e mozas agricultores neste sector é prioritario para a Comisión Europea e para a política agrícola común posterior a 2020. Compláceme observar que esta nova iniciativa conxunta xa está en marcha».
Pola súa parte, o vicepresidente do BEI responsable de Agricultura e Bioeconomía, Andrew McDowell, comentou: «O sector agrícola é a pedra angular da economía da UE e está chamado a desempeñar un papel decisivo non só na produción de alimentos sans, senón tamén na loita contra o cambio climático e na protección do medio ambiente. Con esta nova iniciativa, o BEI analiza o futuro do sector e aborda un importante fracaso do mercado, a falta de acceso aos financiamento polos agricultores, especialmente os da próxima xeración. Ademais, este programa de préstamos apoiará o crecemento e competitividade do sector da agricultura e da bioeconomía preservando e xerando emprego nas rexións rurais e costeiras».
O programa será xestionado a nivel dos Estados membros por bancos e empresas de leasing que operan en toda a UE. Os bancos participantes deben coincidir coa cantidade comprometida polo BEI, o que significa que o importe total podería ascender a 2.000 millóns de euros e debe darse prioridade aos agricultores novos.
O programa abordará moitos dos problemas que os agricultores enfrontan actualmente:
- tipos de interese máis baixos,
- periodos de carencia máis longo, de ata cinco anos,
- periodos de amortización máis longos, de ata quince anos,
- maior flexibilidade, en función das condiciones, para responder á volatilidade dos prezos no sector agrícola, a fin de que os agricultores poidan seguir reembolsando os préstamos en periodos difíciles (por exemplo, mediante un periodo de gracia que lles permita non reembolsar o préstamo durante uns meses).
En Francia, dous préstamos piloto están a piques de ser executados a través deste réxime por un valor de 275 millóns de euros. Estes préstamos están destinados especificamente aos agricultores novos e á mitigación do cambio climático.
Contexto
Este novo programa de préstamos forma parte da iniciativa conxunta “Os mozos agricultores”, lanzada pola Comisión Europea e o BEI para combinar o apoio actual do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) cos medios financeiros e coñecementos do BEI. Ademais do programa de préstamos, a mencionada iniciativa prevé que as subvencións do FEADER para mozos agricultores e empresas emerxentes seguirán sendo utilizadas, así como subvencións de xuros ou asistencia técnica, en combinación con instrumentos financeiros. Por outra banda, o BEI e o Fondo Europeo de Inversións (FEI) ofrecen asesoramento e coñecementos técnicos ás autoridades de xestión.
Máis información
Folleto «Joint Initiative for improving access to funding for European Union Young Farmers»
Folleto «Using financial instruments to reduce the impact of price volatility in agriculture»
Enquisa sobre as necesidades financieiras e o acceso á financiación das empresas agrícolas da UE