Proxecto: MURAMIÑAE da Muralla ao Miño
- Presuposto: 12.500.000 euros
- Financiamento; 10.000.000 Fondos FEDER; 2.500.000 Concello de Lugo.
- Prazo de execución: 2016-2020.
- Convocatoria: Fondos europeos de desenvolvemento urbano sostible integrado (DUSI).
Constitúe unha estratexia que ten como obxectivo unir a cidade e o río a través da zona do Carme, eliminando a descontinuidade urbana que existe entre Porta Miñá e o río Miño, aproveitando que pola zona discorre o Camiño de Santiago, e integrar o contorno fluvial na cidade a través de 7 liñas estratéxicas:
- Revitalización da zona do Carme.
- Posta en valor do patrimonio.
- Acondicionamento do Camiño de Santiago.
- Estudo arqueolóxico da zona.
- Novas conexións a pé, en bicicleta e accesos rodados para favorecer a mobilidade.
- Impulso do contorno fluvial con novas actividades e dotacións.
- Estimular a creación de emprego, inserción laboral e apoio ao emprendemento.
- Potenciar o uso das novas tecnoloxías.
- Medidas de aforro enerxético e medioambiental